Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    23 de abril de 2010

    O sábado 24 de abril arranca a campaña O galego medra contigo!, que chega á súa terceira edición. Este ano as actividades levan como fío condutor un libro publicado do ano 1995 titulado Paula e as palabras que levou o vento, que foi escrito por Xosé Carlos Cermeño.

    Fonte: SNL do Concello da Coruña

    23 de abril de 2010

    O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, incidiu no compromiso do seu departamento coas “iniciativas que lles axuden ás empresas a desenvolver a súa actividade e a ofrecer os seus produtos en galego”.

    Fonte: Xunta de Galicia

    22 de abril de 2010

    A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica convoca os premios ao desenvolvemento de novos contidos para internet en galego coa finalidade de fomentar o uso das tecnoloxías da información e da comunicación mediante o incremento de contidos para a rede, destacables pola súa creatividade e calidade.

    Fonte: CTNL

    22 de abril de 2010

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca 602.668 euros en subvencións para a promoción do uso do galego a través das entidades locais de Galicia. O obxecto concreto da convocatoria é fomentar a prestación dun servizo lingüístico, así como subvencionar a planificación e o desenvolvemento de programas de dinamización da lingua galega.

    Fonte: Xunta de Galicia

    22 de abril de 2010

    Manitoba converteuse na primeira provincia de Canadá en recoñecer oficialmente por lei as súas linguas aborixes. O proxecto de lei non outorga poderes nin responsabilidades especiais en relación coas linguas, pero si senta as bases para o que poida acontecer no futuro.

    Fonte: The Orillia Packet&Times

    22 de abril de 2010

    Un novo proxecto financiado pola Unión Europea está construíndo programas de internet plurilingües que facilitarán a presentación e recuperación de información en liña nunha ampla variedade de linguas.

    Fonte: CORDIS

    22 de abril de 2010

    A Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) relanzará a actividade do Instituto da Lingua Portuguesa (ILP), co obxectivo de tornalo máis eficiente e así cumprir cos obxectivos para os cales foi creado, anunciou o secretario executivo da CPLP, Domingos Simões Pereira.

    Fonte: Angola Press

    22 de abril de 2010

    A secretaria de Cultura e Política Lingüística do Consello Xeral de Arán, Maria Vergés, anunciou a posta en marcha dun obradoiro de teatro en aranés para o fomento e apoio da creación cultural e a potenciación do uso social do aranés.

    Fonte: 20 minutos

    22 de abril de 2010

    A Deputación Provincial da Coruña e a Secretaría Xeral de Política Lingüística iniciaron os primeiros contactos para cooperar no fomento do uso do galego desde o ámbito local. Os responsables de ambas as entidades, Salvador Fernández Moreda e Anxo Lorenzo, respectivamente, mantiveron unha reunión na sede da deputación coruñesa para establecer as bases dun traballo conxunto a prol da dinamización da lingua galega.

    Fonte: Xunta de Galicia

    21 de abril de 2010

    Don Jesús-José Tirado Estrada, fiscal ante o Tribunal Constitucional (TC), xustifica que o TC avala o uso das comunicacións en asturiano de cidadáns e funcionarios co Principado de Asturias.

    Fonte: Asturies.com

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder