Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    30 de abril de 2010

    Esquerra Republicana (ERC) reactivará proximamente no Congreso a súa reivindicación sobre o uso das linguas cooficiais na Cámara Baixa tras admitirse a trámite unha proposta neste sentido no Senado a instancias do seu partido, adscrito ao grupo Entesa Catalana del Progrés (PSC, ERC e ICV).

    Fonte: Galicia Hoxe

    29 de abril de 2010

    Estender a promoción do galego a todo o territorio de Galicia. Ese é o obxectivo fundamental no que se enmarca a nova orde de subvencións que vén de publicar a Secretaría Xeral de Política Lingüística para fomentar o uso do galego desde o ámbito local.

    Fonte: Xunta de Galicia

    29 de abril de 2010

    O Goberno de Navarra e a Real Academia da Lingua Vasca-Euskaltzaindia prorrogaron o convenio de colaboración entre ambas as institucións para 2010, segundo o cal o Executivo foral destinará 149.000 euros para financiar as actividades referentes ao éuscaro que a academia desenvolve en Navarra.

    Fonte: 20minutos

    29 de abril de 2010

    A manifestación que o vindeiro sábado 15 de maio reivindicará polas rúas de Pamplona o dereito a vivir en éuscaro na Comunidade Foral segue recibindo apoios procedentes de todos os ámbitos da sociedade navarra.

    Fonte: Noticias de Navarra

    29 de abril de 2010

    As bases da convocatoria de prácticas de dous anos no ente público sitúan a lingua propia como un mérito máis, á altura das linguas estranxeiras.

    Fonte: Vieiros

    29 de abril de 2010

    As linguas cooficiais tratan de gañar espazo nas Cortes Xerais. O Senado converteuse no primeiro obxectivo. O pleno da Cámara Alta aprobou unha proposta para estudar a reforma do seu regulamento e xeneralizar o uso do galego, o catalán, o éuscaro e o valenciano. A iniciativa contou coa oposición do PP e da única senadora de UPN.

    Fonte: Faro de Vigo

    29 de abril de 2010

    O catálogo en papel e a páxina web da tenda coruñesa de Ikea, que abrirá as súas portas o vindeiro 20 de xullo, contarán con versións en galego, segundo confirmaron fontes da empresa.

    Fonte: Xornal de Galicia

    28 de abril de 2010

    O sindicato Unitario e Autónomo de Traballadores do Ensino de Asturias (Suatea) culpou a Consellería de Educación de eludir o seu compromiso de garantir que a lingua asturiana se imparta en educación infantil. Suatea denunciou que só o 13 % dos alumnos de infantil recibe ensinanzas de asturiano, mentres que en primaria esa proporción sobe ao 55 %.

    Fonte: La Voz de Asturias

    28 de abril de 2010

    Linguamón–Casa das Linguas presenta Mapas Vivos, unha ambiciosa iniciativa creada coa última tecnoloxía cartográfica e multimedia para coñecer de cerca a diversidade lingüística do mundo.

    Fonte: Linguamón

    28 de abril de 2010

    Os datos da Estatística da Acción Educativa no Exterior 2009-2010, publicada recentemente polo Ministerio de Educación, revela que a aprendizaxe do español creceu especialmente no Reino Unido, Francia e Alemaña na última década.

    Fonte: La Información

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder