Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    07 de maio de 2010

    O presidente da Junta de Andalucía, José Antonio Griñán, anuncioulle ao presidente da República de Portugal, Aníbal Cavaco Silva, que todos os centros educativos andaluces ofrecerán o portugués como lingua optativa nun prazo máximo de cinco anos.

    Fonte: Diario de Sevilla

    06 de maio de 2010

    Ter fluidez en chinés pode significar gozar de máis oportunidades en Canadá, e os pais, estudantes e educadores recoñecen o xurdimento de China, polo que o seu interese en estudar esta lingua aumentou.

    Fonte: Crienglish

    06 de maio de 2010

    A Universidade do País Vasco (UPV) ofertará 67 novos graos a partir de setembro que impartirán ata un 95 % das súas materias obrigatorias tanto en éuscaro como en castelán, un 5 % máis do previsto inicialmente.

    Fonte: El País

    06 de maio de 2010

    O proxecto para unha nova 'Gaelscoil' non obtivo o permiso do Departamento de Educación de Irlanda, e as entidades alertan dun cambio de criterio por parte da Administración, que desde 2008 non autorizou a apertura de ningunha nova escola de inmersión lingüística.

    Fonte: Nationalia

    06 de maio de 2010

    A versión web da axencia de noticias decidiu ofrecer o seu servizo de información en liña en seis idiomas que falados en España: éuscaro, catalán, galego, asturiano, valenciano e occitano. Ata o momento a web de Europa Press ofrecía contidos en todas as linguas oficiais do Estado só aos seus abonados.

    Fonte: Muy Internet

    06 de maio de 2010

    A Avaliación da competencia do alumnado de 4.º da ESO nos idiomas castelán e galego conclúe uns resultados moi semellantes nas capacidades orais e escritas das dúas linguas oficiais de Galicia. Así se desprende dos resultados desta investigación, realizada polo Instituto de Ciencias da Educación (ICE), da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

    Fonte: Xunta de Galicia

    05 de maio de 2010

    Escribir en ruso ou chinés desde un teclado normal é imposible. Pero Google inventou a solución ao integrar un teclado virtual nos seus sitios, que fai posible que calquera persoa poida escribir en calquera idioma.

    Fonte: Emol

    05 de maio de 2010

    O novo secretario xeral de Kontseilua, Paul Bilbao, reclamoulles á cidadanía, axentes sociais, políticos e sindicais, así como ás institucións, que pasen «da adhesión ao compromiso» co éuscaro para dar «un paso adiante» e «acelerar» o proceso de normalización lingüística, «xa que aínda hoxe as administracións vulneran o dereito a vivir en éuscaro».

    Fonte: El Correo

    05 de maio de 2010

    O éuscaro entrou nas universidades internacionais hai oito anos e neste tempo expandiuse ata chegar a trinta universidades de todo o mundo.

    Fonte: Noticias de Navarra

    05 de maio de 2010

    O jad, unha lingua similar ao tibetano, conta con arredor de 200 familias que a falan e é unha das linguas minoritarias que están desaparecendo na India como consecuencia da extensión de linguas grandes como o hindi.

    Fonte: The National

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder