Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    21 de marzo de 2014

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística fai pública a convocatoria de probas para a obtención dos Certificados de lingua galega (Celga) en 2014. Hai unha única convocatoria e o prazo de matrícula está aberto até o 11 de abril.

    Fonte: CTNL

    20 de marzo de 2014

    A Deputación subvenciona os municipios da provincia con axudas de 6000 euros para os seus respectivos Servizos de Normalización Lingüística.

    Fonte: La Opinión

    20 de marzo de 2014

    A Xunta de Galicia presentou en Vigo a exposición ‘Nimbos de Luz’, coa que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria conmemora as Letras Galegas 2014.

    Fonte: Xunta de Galicia

    20 de marzo de 2014

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou na rolda de prensa de presentación do novo libro do escritor e académico da lingua galega Xosé Neira Vilas, Galicia en Cuba. Lingua. Rosalía. Loitas.

    Fonte: Xunta de Galicia

    20 de marzo de 2014

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto inaugural da mostra “51 páxinas das nosas Letras”, que acolle estes días o concello ourensán do Carballiño no marco da itinerancia que está a ter en numerosos puntos da xeografía galega durante este ano.

    Fonte: Xunta de Galicia

    20 de marzo de 2014

    O ministro de Educación e Cultura, José Ignacio Wert, non descarta a creación dun grupo de traballo coas comunidades autónomas con lingua cooficial para resolver as discrepancias que poidan xurdir co decreto que desenvolve a disposición adicional número 38 da Lei orgánica para a mellora da calidade educativa (Lomce), relativa ao tratamento das linguas cooficiais.

    Fonte: La Vanguardia

    20 de marzo de 2014

    Gabriel Álvarez, titulado en Tradución e Interpretación, é xa un profesional da tradución xaponés-galego e xaponés-español e agora está a preparar a súa tese de doutoramento na Universidade de Vigo sobre a tradución de onomatopeas xaponesas nos mangas.

    Fonte: Universidade de Vigo

    20 de marzo de 2014

    O xornalista Naciu Varillas vai ser o responsable de presentar o primeiro boletín de noticias en asturiano da Radio do Principado de Asturias (RPA) na historia da emisora.

    Fonte: Asturies.com

    20 de marzo de 2014

    O Consistorio de San Sebastián aprobou unhas axudas para impulsar a presenza do éuscaro na paisaxe lingüística da cidade. A responsable de Éuscaro do Concello, Nerea Txapartegi, explicou que resulta prioritario incrementar a presenza deste idioma no sector do comercio, hostalería e servizos.

    Fonte: Diario Vasco

    19 de marzo de 2014

    Un informe elaborado por un grupo de traballo do Goberno de Gales afirma que un maior uso da lingua galesa en produtos elaborados en Gales podería axudar a impulsar o comercio e a economía. Ademais, o informe suxire tamén que as empresas que reciban axudas públicas deberían mostrarse dispostas a "ofrecer servizos bilingües".

    Fonte: BBC

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder