A Universidade Nacional do Nordeste (UNNE) deseñou un programa informático para o ensino do idioma guaraní, no marco dunha serie de actividades co Goberno de Corrientes (Arxentina) para a revalorización das linguas nativas.
Fonte: Télam
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Universidade Nacional do Nordeste (UNNE) deseñou un programa informático para o ensino do idioma guaraní, no marco dunha serie de actividades co Goberno de Corrientes (Arxentina) para a revalorización das linguas nativas.
Fonte: Télam
A canle 2V Televisión, unha nova opción de entretemento en Houston, aposta, para alcanzar o éxito, por unha televisión para os hispanos en español e inglés.
Fonte: La Voz de Houston
A Deputación da Coruña convoca o V Premio Rosalía de Castro de lingua e cultura 2014 para recoñecer as iniciativas, persoas ou entidades que traballan a prol da promoción social e dignificación do idioma galego.
Fonte: CTNL
O presidente da Asociación PuntoGal, Manuel González, abordou, no marco dunha xornada organizada polo Consello da Cultura Galega, o novo escenario para a internet en Galicia amparado pola posta en funcionamento do dominio .gal, confirmando que “nuns poucos días” comezará o proceso para pór en marcha o novo dominio de primeiro nivel para a lingua e a cultura galegas.
Fonte: Código Cero
Unha nova iniciativa na rede ponse en marcha para difundir a cultura catalá por todo o mundo. Esta vez foi o colectivo sen ánimo de lucro Amical Wikimedia o que organizou un concurso internacional para traducir e ampliar cincuenta biografías destacadas da cultura catalá ao máximo número de linguas posibles.
Fonte: El Periódico
As industrias da lingua en Euskadi facturaron 278 millóns de euros durante o pasado ano, cifra que supón un crecemento do 0,5 por cento respecto ao exercicio anterior, nun sector que aglutina un total de 5058 empregos no País Vasco e que creceu o 1,26 por cento en canto a número de traballadores en 2013, segundo a Asociación de Industrias da Lingua no País Vasco, Langune.
Fonte: El Diario
‘Nimbos de luz’, a mostra itinerante promovida pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no marco das iniciativas conmemorativas das Letras Galegas 2014 dedicadas ao poeta e tradutor guitiricense Xosé María Díaz Castro, chega a Vigo.
Fonte: Xunta de Galicia
O presidente de Gambia, Yahya Jammeh, indicou que o seu país ía abandonar o inglés, actualmente a súa lingua oficial, en beneficio dunha lingua nacional aínda non precisada.
Fonte: i24 News
Varios expertos e responsables políticos recomendaron en Rabat traballar por unha maior integración lingüística e cultural dos inmigrantes en Marrocos.
Fonte: La Información
Incorporar o portugués ao ensino, desenvolver relacións con países de lingua oficial portuguesa e participar nos foros da lusofonía e facilitar a recepción das radios e televisións do país veciño. Estes son os eixes da Iniciativa Lexislativa Popular Valentín Paz Andrade que o Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade logo de ser apoiada por máis de 17 000 sinaturas.
Fonte: Culuragalega.org
Subscríbase ao boletín