O primeiro ministro de Crimea, Serguéi Aksionov, prometeu implementar o bilingüismo na república autónoma e garantiulles aos ucraínos a posibilidade de fomentar a súa lingua materna.
Fonte: Ria Novosti
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O primeiro ministro de Crimea, Serguéi Aksionov, prometeu implementar o bilingüismo na república autónoma e garantiulles aos ucraínos a posibilidade de fomentar a súa lingua materna.
Fonte: Ria Novosti
A Fundación Athletic Club e Euskaltzaleen Topagunea presentaron unha aplicación gratuíta para móbiles e tablets que ten como obxectivo fomentar o uso do éuscaro entre pais e fillos mediante a transmisión dos valores do Athletic.
Fonte: Deia
O conselleiro de Educación, Cultura e Deporte da Junta de Andalucía, Luciano Alonso, destacou a boa evolución do programa de ensino da lingua e cultura chinesas implantado nos centros docentes públicos da comunidade autónoma, que desde o seu comezo no curso 2011-12 duplicou o seu número de alumnos ata pasar dos 637 estudantes iniciais aos 1229 actuais no seu terceiro ano.
Fonte: Europa Press
O 20 de marzo o mundo celebra o Día Internacional da Francofonía, unha data propicia para determinar o estado dos lugares onde se fala francés ou os valores compartidos pola comunidade francófona, e estudar as accións que se poden poñer en marcha para promover esta lingua que comeza retroceder fronte a outras como o inglés, o chinés, o árabe e o español.
Fonte: OujdaCity
Malia teren pasado case tres décadas entre a sinatura do acordo (1990) e a súa eventual aplicación no espazo da lusofonía, a insatisfacción persiste e pode resumirse na seguinte afirmación: "a lingua portuguesa é difícil e complexa".
Fonte: Portugal Digital
A Cámara de Comercio chegou a un acordo co Instituto Madrileño de Formación para a creación do Instituto Cameral de Idiomas, onde se impartirán clases de inglés, francés e alemán, pero tamén de linguas de países emerxentes como o chinés ou o ruso.
Fonte: La Voz de Galicia
O proxecto Tribo, posto en marcha por pais e nais de Santiago, consiste na creación dun grupo co obxectivo de reunir nun espazo común xente preocupada pola transmisión da lingua aos seus fillos. Son xa trinta usuarios que se xuntan no parque de Belvís para crear un ambiente en galego que lles transmita o idioma aos máis pequenos.
Fonte: Praza Pública
A Xunta de Galicia vén de facer pública, a través do Portal Educativo e da web da Secretaría Xeral de Política Lingüística, a convocatoria pola que se establecen as bases para a realización de proxectos de innovación en dinamización lingüística en centros docentes da titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para o curso 2013-14.
Fonte: Xunta de Galicia
A lingua española «non goza de boa saúde» no ámbito da comunicación científica, tampouco na produción, onde o seu papel é «marxinal», segundo un estudo da Fundación Telefónica, cuxos autores afirman que o español debe competir «sen complexos» por ocupar un segundo lugar en divulgación.
Fonte: Fundeu
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou na presentación da obra Martin Codax. Bañarnos emos nas ondas! As sete cantigas. O Pergamiño Vindel. Unha publicación que, editada conxuntamente por este departamento da Xunta de Galicia, polo Parlamento galego e pola Real Academia Galega (RAG), conmemora o centenario da descuberta do pergamiño que deu a coñecer sete cantigas de amigo do xograr galego Martín Códax, atopado polo bibliófilo Pedro Vindel en 1914.
Subscríbase ao boletín