Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    28 de febreiro de 2014

    O Parlamento de Cataluña aprobou unha moción que insta a respectar a singularidade nacional do Val de Arán, a determinar o carácter preferente do aranés como lingua vehicular no sistema educativo e a impulsar o territorio como zona estratéxica da cooperación entre fronteiras.

    Fonte: La Vanguardia

    28 de febreiro de 2014

    Os inmigrantes do estado de Xeorxia enfrontan unha nova arremetida antiinmigrante, esta vez cun proxecto de lei que, de ser aprobado pola Asemblea, prohibiría o uso doutros idiomas -que non sexa o inglés- nas oficinas públicas do Estado.

    Fonte: Univisión

    28 de febreiro de 2014

    Barbara Abdelilah-Bauer, fundadora do Centro de Animación e Formación para a Educación Bilingüe e Plurilingüe en Francia, afirmou que as persoas poden facerse bilingües a calquera idade, xa que o cerebro está preparado para iso.

    Fonte: El Periódico de Aragón

    28 de febreiro de 2014

    O Concello de Donostia concederalles ás nais e aos pais de nenos acabados de nacer o libriño Gure haurra, para fomentar a transmisión familiar do éuscaro.

    Fonte: Noticias de Gipuzkoa

    28 de febreiro de 2014

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou en Vigo no acto de presentación da Roda dos verbos. Usos e dificultades da conxugación verbal en galego, un novo recurso lingüístico editado pola Universidade de Vigo (UVigo), no marco do convenio de colaboración en materia de normalización lingüística asinado entre esta institución e o departamento que dirixe o conselleiro Vázquez Abad.

    27 de febreiro de 2014

    A figura de Xosé María Díaz Castro, autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, chegará, da man da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, aos centros de ensino, aos centros de estudos galegos, aos centros da emigración, aos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia e ás bibliotecas de preto de 2000 puntos de Galicia e do exterior.

    Fonte: Xunta de Galicia

    27 de febreiro de 2014

    O Departamento de Cultura e a federación de entidades Convergéncia Occitana asinaron un convenio de colaboración que ten por obxectivo o fomento do occitano e das manifestacións e produtos culturais que se expresen nesta lingua.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    27 de febreiro de 2014

    Galegram, que emprega a estrutura de Telegram e é totalmente compatible con ela, está dispoñible en galego e ademais incorpora unha personalización gráfica con elementos do país.

    Fonte: Praza Pública

    27 de febreiro de 2014

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio do seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou a nova edición do programa de dinamización lingüística FalaRedes, que chegará por terceiro ano a todos os concellos adscritos á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    27 de febreiro de 2014

    O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Valentín García Gómez, participou na Estrada nos actos de conmemoración que organizou o Concello pontevedrés con motivo do 177º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder