Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    26 de febreiro de 2014

    Tal e como sinalaron estes colectivos nun comunicado, en Pamplona existen 18 escolas infantís públicas (0 a 3 años) e unicamente dúas delas ofertan o seu servizo en éuscaro.

    Fonte: Noticias de Navarra

    26 de febreiro de 2014

    Unha vintena de representantes sociais de distintos ámbitos da Comunidade Valenciana promoven unha iniciativa lexislativa popular (ILP) para garantir o dereito do pobo valenciano a ter un servizo público de radio e televisión na súa lingua.

    Fonte: Las Provincias

    26 de febreiro de 2014

    A Asociación Socio-Pedagóxica Galega organiza este concurso, dirixido á comunidade educativa, co obxectivo de normalizar o uso oral do galego e contribuír a que este idioma se converta en instrumento normal de comunicación e creación de historias.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    26 de febreiro de 2014

    O Equipo de Dinamización Lingüística da Escola Oficial de Idiomas da Coruña convoca unha nova edición do festival CinEOI Coruña Curtas, que ten como obxectivo promover a creatividade en lingua galega.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    26 de febreiro de 2014

    A influencia dos inmigrantes procedentes do leste de Europa axudou a promover o importante incremento do número de alumnos que non falan inglés como lingua principal.

    Fonte: Express

    26 de febreiro de 2014

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou en Lugo no acto de entrega dos Premios de Narración Curta de El Progreso a Ángela Piñeiro Acción e mais a Rubén Gasalla Trabada.

    Fonte: Xunta de Galicia

    25 de febreiro de 2014

    A alta comisionada da Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa (OSCE) para as Minorías Étnicas, Astrid Thors, instou as autoridades de Ucraína a aplicar unha política máis equilibrada e inclusiva en materia lingüística.

    Fonte: Ria Novosti

    25 de febreiro de 2014

    Linguapax, a organización non gobernamental creada pola Unesco e dedicada á valoración e protección da diversidade lingüística mundial, recoñeceu o traballo da plataforma Escola Valenciana co seu premio internacional anual.

    Fonte: El País

    25 de febreiro de 2014

    Alhóndiga Bilbao inaugurou a exposición temporal "Badu Bada 'O éuscaro nun mundo multilingüe'", cuxo obxectivo é activar o interese da cidadanía por esta lingua, afondar nela e promover a diversidade lingüística.

    Fonte: ABC

    25 de febreiro de 2014

    A Administración rexional das Flores Oriental, en Indonesia, quere ensinarlles portugués aos nenos, á confraría "Rainha do Rosário" e ao grupo Mama Muji, que reza na lingua de Camões desde hai varios séculos, seguindo a evanxelización de misioneiros católicos portugueses na rexión.

    Fonte: Notícias ao Minuto

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder