O Instituto Camões e un equipo de expertos do instituto portugués de investigación ISCTE inauguraron a exposición "Potencial económico da lingua portuguesa" no edificio do Parlamento Europeo en Bruxelas.
Fonte: Expresso
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Instituto Camões e un equipo de expertos do instituto portugués de investigación ISCTE inauguraron a exposición "Potencial económico da lingua portuguesa" no edificio do Parlamento Europeo en Bruxelas.
Fonte: Expresso
Consultar as leis do xadrez en galego é posible desde agora grazas á iniciativa da asociación Xadrez Trebellos e Educación que, co apoio da Real Academia Galega e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, publicou Leis do xadrez, a primeira tradución das normas deste deporte mental ao galego.
Fonte: Faro de Vigo
A asociación de defensa da lingua galega, Prolingua, ven de pedirlle á compañía aérea Vueling que utilice o galego nas aeronaves que teñen como orixe ou destino os aeroportos de Galicia.
Fonte: Galicia Confidencial
Publicidade Redondelá é unha campaña de promoción da lingua galega na actividade comercial e empresarial. O obxectivo principal é darlles promoción aos establecementos que usan o galego como lingua habitual e animar a outros a que dean o paso e desenvolvan a súa actividade nesta lingua.
Fonte: SNL de Redondela
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presidiu na Casa Habanera de Guitiriz a inauguración da mostra temporal ‘Nimbos de Luz’. A exposición, impulsada polo departamento que dirixe, enmárcase no programa anual de actividades conmemorativas do Día das Letras Galegas 2014 posto en marcha desde a Xunta de Galicia en colaboración con outras entidades e institucións.
Fonte: Xunta de Galicia
Os catro grupos parlamentarios da Comisión de Cultura e Educación aprobaron por unanimidade o informe do relatorio sobre a Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) Valentín Paz Andrade, que propón o fomento dos vínculos co portugués para reforzar os lazos entre Galicia e os países da lusofonía.
Fonte: Galicia Hoxe
O proxecto internacional 'Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués’ traballa dende o ano 2007 no rexistro e integración nun único banco de datos dun amplo número de repertorios léxicos galegos, portugueses e brasileiros con referenciación xeográfica concreta das voces contidas neles. Agora, esta iniciativa vaise poñer a disposición das persoas interesadas de xeito libro e gratuíto nun corpus dixital.
O salón de actos do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH) acolleu a presentación do volume Cadernos Ramón Piñeiro (XXVII). Cartas a Fermín Penzol nun acto presidido polo secretario xeral de Política Lingüística en representación da Consellería de Cultura e Educación, da que depende o CRPIH.
Fonte: Xunta de Galicia
A Xunta de Portavoces rexeitou unha proposta de declaración institucional para que o Parlamento de Navarra mostrara a súa vontade favorable a que a maioría dos cidadáns da comunidade aprendan éuscaro.
Fonte: Diario de Navarra
A aposta da Junta de Andalucía por facilitar o ensino do portugués en centros públicos de Huelva trae consigo grandes oportunidades de aprender unha lingua e unha cultura, portadora dunha rica historia, compartida en determinadas etapas históricas. Este factor de coñecemento e aproximación recíproco, de enorme importancia socioeducativa, ten unha clara repercusión a nivel económico a medio e longo prazo.
Subscríbase ao boletín