Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    31 de outubro de 2013

    As casas de cultura de Intxaurrondo e Egia, en San Sebastián, estrearán dous espectáculos froito da colaboración entre axentes culturais de Euskadi e Iparralde, implicados en proxectos para difundir e socializar a creación en éuscaro.

    Fonte: Diario Vasco

    30 de outubro de 2013

    As provincias arxentinas de Formosa, Jujuy, Chaco e Bos Aires contarán con tradutores de linguas orixinarias para conseguir unha maior participación da poboación nas próximas eleccións. A iniciativa prevé chegar a todas as provincias arxentinas en 2015 e permitirá ás agrupacións políticas facer publicidade dos seus electores en idiomas nativos.

    Fonte: Diario Uno

    30 de outubro de 2013

    A riqueza xerada polo petróleo trouxo consigo un elevado nivel de vida para os cidadáns dos Emiratos Árabes Unidos. Porén, os efectos non son só positivos: a chegada de man de obra estranxeira está a causar unha diminución significativa no uso da lingua árabe.

    Fonte: The National

    30 de outubro de 2013

    Trátase na súa maioría de colexios e institutos non bilingües que fomentarán o ensino de idiomas mediante actividades curriculares, complementarias e/ou extraescolares. Educación puxo en marcha por primeira vez este programa de potenciación dirixido aos centros que non queren impartir materias completas noutra lingua.

    Fonte: Ejera Digital

    30 de outubro de 2013

    Os “Encontros dos Axóuxeres”, impulsados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, continúan co seu itinerario por 24 concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia, promovendo o uso e a transmisión interxeracional do galego co seu espectáculo para a xente miúda da casa.

    Fonte: Xunta de Galicia

    29 de outubro de 2013

    Dous profesores de lingua portuguesa do Brasil reuniranse en Lisboa con representantes de Portugal para debater un acordo ortográfico que sexa "froito dun entendemento xeral" e consensual para que ningún dos países se sinta prexudicado.

    Fonte: Jornali

    29 de outubro de 2013

    A Conferencia sobre o Futuro da Lingua Portuguesa no Sistema Mundial de Lisboa lanzará un novo portal destinado a docentes de portugués como lingua estranxeira, anunciou á axencia de noticias Lusa o director do Instituto Internacional da Lingua Portuguesa, responsable do proxecto.

    Fonte: Sapo

    29 de outubro de 2013

    A moda do ruso segue en expansión. E agora é a asociación cultural Libuya a que abre as súas portas a todos os que queiran aprender o idioma que tanto demandan as empresas de servizos e o sector turístico.

    Fonte: Diario de Mallorca

    29 de outubro de 2013

    A XII edición do premio Ramón Piñeiro 'Facer País' foi para A Mesa pola Normalización Lingüística. Un galardón impulsado pola Asociación Cultural Val de Láncara e que, ao longo destes anos, foi labrándose un merecido respecto.

    Fonte: Sermos Galiza

    29 de outubro de 2013

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega dos Bacelos de Prata, que organiza a Asociación Álvaro de las Casas no Pazo dos Ulloa en Esposende.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder