Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    29 de outubro de 2013

    O Premio da Cultura Galega da Lingua pretende salientar o traballo da Asociación PuntoGal, nacida dende a sociedade galega, que busca contribuír á creación dun espazo galego na internet no que poder agrupar a meirande parte dos contidos en galego, así como outros contidos que estean vinculados dalgún xeito coa nosa cultura.

    Fonte: Código Cero

    29 de outubro de 2013

    O Concello de Santurtzi aposta polo éuscaro e iso viuse reflectido na matriculación do euskaltegi municipal, que este ano pechou cun incremento de novos estudantes; un aumento que foi posible grazas ás medidas adoptadas pola institución local para adaptar os cursos de aprendizaxe ás necesidades actuais dos veciños: cursos máis curtos e facilidades de pagamento.

    Fonte: Deia

    29 de outubro de 2013

    A lingua que máis se solicita no mercado laboral é o inglés. Concretamente, pídese en máis do 85 % das ofertas que requiren o coñecemento de linguas estranxeiras, chegando case ao 90 % das ofertas para titulados superiores.

    Fonte: El Economista

    28 de outubro de 2013

    Arredor de 100 alumnos universitarios da vila galesa de Aberystwyth manifestáronse para evitar o peche da residencia de estudantes de fala galesa Pantycelyn. Os manifestantes pensan que esta medida podería danar a comunidade de estudantes que falan galés como primeira lingua.

    Fonte: Wales Online

    28 de outubro de 2013

    O Concello da cidade belga de Liexa atopou unha solución para axudar as persoas con discapacidade auditiva. Un sistema de interpretación simultánea facilitará a comunicación entre os funcionarios municipais, un experto en lingua de signos e os cidadáns.

    Fonte: West

    28 de outubro de 2013

    Que ao morrer non se perda, ademais da vida, a lingua. É o propósito para o que traballa desde hai anos a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística (AFNLG) e que agora se materializa nunha campaña específica dirixida ao uso do galego nos cemiterios, necrolóxicas e demais honras fúnebres.

    Fonte: Faro de Vigo

    28 de outubro de 2013

    O Proxecto Trasno anuncia o lanzamento da versión 13.10 “Padre Sobreira” do corrector Hunspell, a única ferramenta de corrección ortográfica de código aberto que existe para o galego.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    28 de outubro de 2013

    Un total de 500 alumnas e alumnos de 27 centros educativos participarán este outono nas estadías para a formación en linguas estranxeiras (concretamente en inglés) convocadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e que son gratuítas para os estudantes.

    Fonte: Xunta de Galicia

    26 de outubro de 2013

    O Tribunal da Unión Europea anulou algúns anuncios de oposicións para postos de traballo nas institucións europeas porque estaban publicados exclusivamente en francés, alemán e inglés.

    Fonte: LeggiOggi

    26 de outubro de 2013

    As linguas indíxenas ou orixinarias do Perú son obxectivo prioritario do Estado peruano, declarou a ministra de Cultura, Diana Álvarez-Calderón Gallo, durante a súa participación na Semana do Quechua que tivo lugar na cidade de Cuzco.

    Fonte: Tuteve

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder