Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    07 de febreiro de 2014

    A última falante nativa coñecida da lingua klallam, que o Goberno dos Estados Unidos tentou eliminar gradualmente antes de financiar un plan para preservala, faleceu no estado de Washington, dixeron amigos e líderes tribais.

    Fonte: Newsmax

    07 de febreiro de 2014

    O Concello donostiarra emprendeu unha campaña dirixida aos seus traballadores para animalos a que a súa primeira palabra cos cidadáns sexa en éuscaro. Na actualidade o 73 % dos 1397 empregados municipais (incluídos os de organismos autónomos) son euscaldúns e o Goberno municipal espera seguir ampliando esa porcentaxe.

    Fonte: Noticias de Gipúzkoa

    07 de febreiro de 2014

    A XXVIII edición dos Premios Goya, que organiza anualmente a Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España, pode seguirse en directo en lingua de signos española a través da páxina web de RTVE www.rtve.es, segundo informa o Centro de Normalización Lingüística da Lingua de Signos Española (CNLSE).

    Fonte: Telecinco

    07 de febreiro de 2014

    Arredor de 100 persoas manifestáronse en Riga (Letonia) para solicitarlle á primeira ministra letoa, Laimdota Straujuma, que garanta o ensino en ruso nas escolas.

    Fonte: The Baltic Times

    07 de febreiro de 2014

    Nos últimos tempos, a lingua turca ten gañado certa popularidade en varias rexións de Afganistán. A maior presenza de empresas turcas no país asiático contribúe a incrementar o interese dos afgáns polo estudo desta lingua.

    Fonte: World Bulletin

    07 de febreiro de 2014

    O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CPI de Mondariz organiza o concurso “Co galego na túa camiseta”, que ten como obxectivo premiar o/a autor/a da camiseta co lema máis creativo, de entre todas as elaboradas no obradoiro de camisetas con lemas ou ditos en galego que se desenvolveu o pasado mes de xaneiro neste centro educativo.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    07 de febreiro de 2014

    As consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e de Traballo e Benestar, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, veñen de convocar a nova edición do certame Lingua de namorar que busca fomentar o uso do galego entre os mozos e mozas, especialmente en momentos de lecer.

    Fonte: Xunta de Galicia

    06 de febreiro de 2014

    En setembro de 2013 botaba a andar o Grupo de Investigación en Estudos Galegos da Universidade de Wisconsin-Milwaukee da man dun incansable investigador e impulsor do noso idioma, Gabriel Rei-Doval, e co obxectivo de universalizar e afondar no estudo da lingua galega.

    Fonte: Galicia Confidencial

    06 de febreiro de 2014

    O Portal das Palabras é un proxecto desenvolvido conxuntamente pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié que ten como obxectivo a difusión e modernización do léxico e o traballo lexicográfico mediante a aplicación, neste eido, das novas tecnoloxías da información e o emprego dunha linguaxe actual, áxil e dinámica, aberta a todas as persoas interesadas en coñecer mellor a nosa lingua.

    06 de febreiro de 2014

    O Ministerio de Educación aceptou a proposta da Comunidade Valenciana para que a nova Lei orgánica de calidade educativa (LOMCE) recoñeza o nivel de idiomas dos alumnos ao final de cada etapa educativa superada e que se certifiquen os niveles de competencia na primeira lingua estranxeira cursada polo alumnado.

    Fonte: La Red Comarcal

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder