Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    06 de febreiro de 2014

    Os móbiles e as tablets convertéronse nunha das plataformas de ocio preferidas pola mocidade vasca. Porén, a maioría das aplicacións só están en inglés ou castelán. Ante a falta de aplicacións en éuscaro, a compañía Virtualware desenvolveu cinco videoxogos para promover e difundir o uso do idioma entre o público infantil e xuvenil.

    Fonte: Diario Vasco

    05 de febreiro de 2014

    A lingua finesa está acadando maior status en Suecia. Na actualidade, 52 municipios do país escandinavo ofrecen servizos básicos, como coidados infantís e para maiores, nesta lingua.

    Fonte: UUTISET

    05 de febreiro de 2014

    Con motivo dun debate con literatos e lingüistas sobre os cambios que experimenta a lingua alemá na actualidade, o secretario xeral do Instituto Goethe, Johannes Ebert, declarou que o alemán está cambiando e que Alemaña é agora máis multicultural. Este debate foi o primeiro dunha serie de actos organizados polo Instituto Goethe para analizar o futuro desta lingua.

    Fonte: DW

    05 de febreiro de 2014

    Co obxectivo de "mostrar a riqueza e utilidade da lingua galega para as creacións audiovisuais", o Servizo de Normalización Lingüística de Redondela programou un ciclo de cine que terá lugar no Multiusos da Xunqueira en venres alternos nos meses de febreiro, marzo e abril.

    Fonte: Faro de Vigo

    05 de febreiro de 2014

    O Concello de Pontevedra, en colaboración cos equipos de normalización lingüística dos IES da cidade, pon en marcha unha nova edición do certame "Ben veñas, maio". Trátase dunha actividade cultural destinada a que os alumnos dos institutos pontevedreses expresen a súa creatividade artística en lingua galega.

    Fonte: Pontevedra Viva

    05 de febreiro de 2014

    O Equipo de Dinamización da Lingua Galega e mais o Departamento de Lingua Galega do IES da Pobra do Caramiñal organizan a segunda edición da campaña de dinamización lingüística "21 días co galego", que ten como obxectivos perfeccionar a competencia lingüística do alumnado e promover a reflexión individual sobre os propios usos lingüísticos.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    05 de febreiro de 2014

    A Academia Valenciana da Lingua (AVL) establece no seu Dicionario Normativo que o catalán é unha «lingua románica falada en Cataluña, así como nas illas Baleares, o departamento francés dos Pireneos Orientais, o Principado de Andorra, a franxa oriental de Aragón a cidade sarda de l’Alguer, onde recibe o nome de valenciano, e a Comunidade Valenciana».

    Fonte: ABC

    05 de febreiro de 2014

    Os mozos Mikel Arribillaga García e Garbiñe Guedejo Ezenarro recibirán un premio de 400 euros da Mancomunidade de Buruntzaldea por realizar en éuscaro o carné de conducir. Os premios inclúense dentro do programa 'Gidabaimena Euskaraz' no que participan 10 autoescolas da comarca e 135 alumnos.

    Fonte: Diario Vasco

    04 de febreiro de 2014

    Aprobouse a primeira patente na Universidade Nacional do Nordeste (Arxentina) para un software multimedia de ensino e aprendizaxe elemental da lingua guaraní. Denomínase “Jejaporâ Guaraní” e foi probado con éxito en institucións escolares.

    Fonte: Rosario3

    04 de febreiro de 2014

    O programa "Inglês sem Fronteiras" oferta cursos presenciais gratuítos de inglés para estudantes de educación superior. As clases impartiranse nos centros de linguas de 43 institucións federais brasileiras.

    Fonte: Agrosoft

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder