Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    31 de xaneiro de 2014

    A secretaria de Estado de Educación, FP e Universidades, Montserrat Gomendio, anunciou que as bolsas para o programa Erasmus Plus que financiará o Ministerio –un total de 10 000- esixiralle ao estudante ter un nivel de idioma B2 (equivalente ao First Certificate da Universidade de Cambridge) e ter aprobados un mínimo de 60 créditos na carreira.

    Fonte: 20 minutos

    31 de xaneiro de 2014

    Con motivo da oitava Conferencia Rexional da Cultura e a Lingua Sardas, o presidente da rexión italiana de Sardeña defende o uso cotián e normal da lingua sarda e a súa promoción e protección por parte das institucións públicas.

    Fonte: Regione Autonoma della Sardegna

    31 de xaneiro de 2014

    Un grupo de eurodeputados veñen de reclamarlle á Comisión Europea que tome medidas para evitar as discriminacións lingüísticas e que estas sexan consideradas tan graves como as sufridas pola orientación sexual, a relixión ou a orixe étnica.

    Fonte: Praza Pública

    31 de xaneiro de 2014

    Con motivo da celebración do Día de San Valentín, a Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal organiza un concurso de cartas de amor en galego no que poderán participar os maiores de 14 anos.

    Fonte: El Correo Gallego

    30 de xaneiro de 2014

    A obra de Maurice Sendak estará moi presente este 2014 no catálogo dos Libros para Soñar de Kalandraka, que durante este ano publicará unha decena de títulos do autor e ilustrador estadounidense.

    Fonte: Galicia Confidencial

    30 de xaneiro de 2014

    O Real Padroado sobre Discapacidade, a través do Centro de Normalización Lingüística da Lingua de Signos Española (CNLSE), e a Universidade de Castela-A Mancha asinaron un convenio de colaboración dirixido a fomentar a difusión e investigación da lingua de signos española.

    Fonte: Discapnet

    30 de xaneiro de 2014

    A Área de Normalización Lingüística (ANL) ofrece oito cursos cos que continúa o seu labor de mellora “da calidade da lingua galega que se usa nos diferentes ámbitos da comunidade universitaria” indica Paulo Cabral, director da ANL, subliñando que “o que procuramos sobre todo é incentivar o seu uso e incrementar a seguridade”.

    Fonte: Universidade de Vigo

    30 de xaneiro de 2014

    O Concello de Larraga vén de aprobar inicialmente unha nova Orde reguladora do uso e fomento do éuscaro no ámbito municipal. O seu obxectivo é “fomentar o coñecemento e uso do éuscaro” para lograr, deste modo, que aumente “o número de persoas falantes de éuscaro no municipio, en beneficio do inestimable patrimonio cultural que representa a lingua vasca en Navarra”, así como “fomentar o uso do éuscaro de cara a ofrecer a oportunidade de vivir en éuscaro á veciñanza de Larraga que así o desexe”.

    30 de xaneiro de 2014

    A coalición do Goberno do estado federado do Sarre, en Alemaña, acaba de presentar unha proposta para converter esta rexión en bilingüe (alemán-francés). O obxectivo é que en 2042 todos os habitantes do Sarre poidan dominar as dúas linguas.

    Fonte: Frankfurter Allgemeine Zeitung

    29 de xaneiro de 2014

    Os promotores da campaña #AndroidEnGalego veñen de facer efectivo o envío das 4300 sinaturas recollidas para reclamarlle a Google a tradución da base de Android ao galego. A carta recolle algúns dos argumentos nos que se basea a reclamación, como a importancia da comunidade lingüística do galego, de máis de tres millóns de persoas en todo o mundo, ou a existencia dunha gran comunidade de desenvolvedores de aplicacións en Galicia.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder