Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    29 de xaneiro de 2014

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou no IES Rosalía de Castro na entrega da XIX edición do Premio Arcebispo Juan de San Clemente.

    Fonte: Xunta de Galicia

    29 de xaneiro de 2014

    A Consellería de Educación da Generalitat publicou a orde pola que se lle esixe ao profesorado da bolsa de traballo o nivel C1 para impartir lingua estranxeira – alemán, inglés, francés ou italiano- no ensino secundario. Segundo informou o departamento, o obxectivo deste cambio –ata agora solicitábase o B2- nas titulacións pedidas ao profesorado é para potenciar o plurilingüismo e mellorar desta forma a calidade do sistema educativo.

    29 de xaneiro de 2014

    Desta forma o Supremo avala a tese de que o castelán tamén debe ser lingua vehicular nas aulas catalás. O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña ditou a comezos de 2013 varios autos nos que establecía estas medidas cautelares ante os recursos de varios pais de alumnos para que os seus fillos recibisen un ensino bilingüe.

    Fonte: El Mundo

    28 de xaneiro de 2014

    Os deputados da Asemblea Nacional francesa votaron a favor da modificación da Constitución co fin de ratificar a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias. A votación gañou por unha ampla maioría: 361 votos a favor fronte a 149 en contra.

    Fonte: Libération

    28 de xaneiro de 2014

    O debate "Crear en portugués: o que pode unha lingua", organizado na Fundación Gulbenkian de Lisboa, analiza a realidade e potencialidade do portugués como lingua de creación artística.

    Fonte: RTP Notícias

    28 de xaneiro de 2014

    Logo dunha década de traballo, o equipo de tradutores de Ulises presentou na Real Academia Galega este clásico da literatura do século XX que chega ás nosas letras da man de Galaxia.

    Fonte: Real Academia Galega

    28 de xaneiro de 2014

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora un ano máis, a través das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura, co Premio de Poesía Concello de Carral co obxectivo de promover a creación literaria en galego.

    Fonte: Xunta de Galicia

    28 de xaneiro de 2014

    Atopa é un novo proxecto en lingua asturiana, un buscador tipo Google, pero só de contido asturiano, que ten unha extensión para o navegador Chrome ademais de versión para o sistema Android. Atopa baséase en software libre para percorrer automaticamente as páxinas web e quedarse só coas que están en asturiano ou en castelán que tratan de contido asturiano.

    Fonte: Asturnews

    28 de xaneiro de 2014

    O Departamento vasco de Educación, Política Lingüística e Cultura destinará 814 200 euros á realización de proxectos destinados a promover e consolidar o uso do éuscaro en ámbitos non formais, en especial os que se desenvolven no tempo de lecer.

    Fonte: El Diario

    27 de xaneiro de 2014

    Un profesor da escola primaria de Miranda do Douro está a recorrer a YouTube para ensinar a lingua mirandesa aos alumnos máis novos, a través da inclusión de vídeos didácticos interpretados e coreografados polo personaxe Eimilho Pica.

    Fonte: Diário Digital

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder