Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    11 de febreiro de 2014

    Xa están dispoñibles as bases da nova edición do Premio de Publicidade en Galego 2013 que convoca o Consello Asesor da RTVE en Galicia e a CTRVG. Os galardóns diríxense a recoñecer o traballo despregado polos medios, axencias ou entidades que promovan ou difundan anuncios ou cuñas publicitarias transmitidas integramente en galego.

    Fonte: Código Cero

    11 de febreiro de 2014

    Os alumnos de Iñigo Aritza Ikastola e Txioka Haur Ikastola de Alasua gravaron un vídeo clip a favor do éuscaro. Co título Euskara da Euskal Herri, colgouse na rede a pasada fin de semana. Desde entón, recibiu máis de 5000 visitas.

    Fonte: Noticias de Navarra

    11 de febreiro de 2014

    Trátase dun novo medio de información especializada no mundo dixital dedicado ás persoas e empresas interesadas nas redes sociais, a comunicación, as novas tecnoloxías e o mundo audiovisual.

    Fonte: La Vanguardia

    10 de febreiro de 2014

    O ensino da lingua portuguesa en Francia gañou importancia nos últimos anos. Esta é a constatación do profesor Lamartine Bião, da Asociación Bião Brasil, e da profesora Clara Chagas, que participa nun proxecto de ensino do portugués no municipio de París.

    Fonte: RFI

    10 de febreiro de 2014

    O salón francés dos idiomas e culturas do mundo abriu as súas portas en París co obxectivo de mostrar a ampla oferta de aprendizaxe de máis de 80 linguas. Arredor de 180 institucións aproveitaron este acto para promover os idiomas e as culturas do mundo.

    Fonte: RFI

    10 de febreiro de 2014

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez, e a directora do Instituto Confucio en España, Li Zhang, analizaron as posibles vías de colaboración para establecer bolsas coas que o alumnado galego poida estudar chinés no país oriental.

    Fonte: El Correo Gallego

    10 de febreiro de 2014

    Unha guía con explicacións en cinco idiomas (galego, castelán, francés, alemán e inglés) e con datos de diferentes traballos realizadas en case 20 anos. O Museo de Viladonga, situado en Castro de Rei, acaba editar unha publicación que pon ao día a historia recente dese lugar.

    Fonte: La Voz de Galicia

    10 de febreiro de 2014

    A pesar de conformar o groso da tradución ao galego, os libros de texto e os de lectura obrigatoria no sistema educativo non aparecen recollidos nos estudos realizados sobre o sector da tradución en Galicia. Este baleiro levou a profesora do Departamento de Tradución e Lingüística da Universidade de Vigo Liliana Valado a realizar na súa tese de doutoramento unha análise pormenorizada das publicacións traducidas ao galego.

    Fonte: Universidade de Vigo

    10 de febreiro de 2014

    O Goberno foral valora o coñecemento do inglés para traballar como técnico ou xestor de Facenda na Administración Pública de Navarra e, no entanto, non concede punto ningún por saber éuscaro, lingua cooficial en boa parte do territorio.

    Fonte: Noticias de Navarra

    10 de febreiro de 2014

    Aquelas persoas que queiran mellorar o seu éuscaro oral falando, ou as que queiran dedicar algo de tempo a charlar con estes para axudalos a soltarse, teñen a ocasión de participar no programa Berbetan que organiza Eta Kitto Euskara Elkartea. O obxectivo desta iniciativa é «ofrecerlles ás persoas que queiran mellorar a súa capacidade de falar en éuscaro, un lugar onde facelo de forma informal e nun ambiente distendido», sinalan desde a organización.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder