Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    13 de febreiro de 2014

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística diríxese ás entidades locais (deputacións, concellos, mancomunidades, consorcios e agrupamentos de concellos) para anunciarlles a próxima realización de cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    13 de febreiro de 2014

    Miles de manifestantes reuníronse nun acto convocado pola coordinadora de entidades cívicas e educativas Somescola diante do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña para defender o modelo de inmersión lingüística.

    Fonte: Generalitat de Cataluña

    13 de febreiro de 2014

    O Departamento de Cultura elaborou a publicación 10 raons perquè els productes digitals parlin català, dirixida ás empresas do mundo dixital, no que propoñen dez argumentos sólidos polos que o catalán pode ser unha oportunidade de negocio e incrementar o potencial de captación de clientes.

    12 de febreiro de 2014

    O Concello de Oroso convoca unha nova edición do concurso de receitas de Entroido “En galego sabe mellor”. As receitas deben ser típicas do Entroido e estar redactadas en lingua galega.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    12 de febreiro de 2014

    ‘Explícoche Matemáticas 2.0’ é un concurso dirixido ao alumnado do Sistema Universitario de Galicia e a estudantes de 3º e 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato dos centros de educación secundaria de Galicia que promove a Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela e a súa Comisión de Normalización Lingüística. O obxectivo é promover a utilización do galego como medio de transmisión das Matemáticas, así como a creatividade do alumnado, a través da realización de curtametraxes de dous minutos de duración nas que se explique en galego un concepto matemático.

    12 de febreiro de 2014

    A Facultade de Dereito ampliará a súa oferta académica en éuscaro ao implantar materias neste idioma no dobre grao de Administración e Dirección de Empresas + Dereito do campus de Bilbao. A implementación realizarase a partir do curso 2014-2015, no primeiro curso e irase estendendo progresivamente aos cursos seguintes. O obxectivo é converterse en referencia na educación en éuscaro.

    Fonte: Noticias Press

    12 de febreiro de 2014

    A materia de Lingua Galega volve impartirse no instituto Europa de Ponferrada, despois de que a Consellería de Educación da Junta de Castela e León a suprimise, ao inicio do presente curso escolar (2013-2014), nos dous cursos de Bacharelato.

    Fonte: Infobierzo

    11 de febreiro de 2014

    A lingua hawaiana estivo a piques de extinguirse a principios dos anos oitenta mais conseguiu recuperarse grazas ao programa dun pequeno grupo de educadores. Cando principiou este programa, os falantes de hawaiano non superaban a centena e agora é falado por miles de persoas. Un total de 300 profesores, funcionarios, investigadores e representantes das linguas indíxenas de 50 estados dos EUA e doutros dez países achegáronse a Hawai para participar nun simposio que analizou este proceso de recuperación.

    11 de febreiro de 2014

    O Programa de Apoio ás Linguas Indíxenas do Ministerio de Asuntos Indíxenas de Australia permitiralles ás comunidades lingüísticas desenvolver os recursos de aprendizaxe necesarios para preservaren os seus idiomas nativos.

    Fonte: PSnews

    11 de febreiro de 2014

    O Concello de Carballo, desde o seu Servizo de Normalización Lingüística (SNL) e en colaboración con diversos medios de comunicación escrita, convoca a décima edición do Premio a artigos xornalísticos normalizadores, un certame xa consolidado que ten como obxectivos promover a reflexión sobre a situación social da lingua galega, crear espazos nos xornais para analizar e fomentar o uso e prestixio do idioma galego e promover o seu uso na prensa.

    Fonte: Concello de Carballo

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder