O ministro de Asuntos Aborixes de Australia, Victor Dominello, anunciou que creará dúas novas zonas lingüísticas delimitadas no estado de Nova Gales do Sur para que se garanta o ensino e a protección das linguas nativas.
Fonte: The Australian
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O ministro de Asuntos Aborixes de Australia, Victor Dominello, anunciou que creará dúas novas zonas lingüísticas delimitadas no estado de Nova Gales do Sur para que se garanta o ensino e a protección das linguas nativas.
Fonte: The Australian
O Goberno de Hawai (EUA) ofrecerá a partir de marzo os exames de condución nun total de 12 linguas, entre as que se inclúen a lingua nativa hawaiana, o marshalés, o chinés mandarín e o español.
Fonte: Radio Australia
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e o presidente da Fundación Eduardo Pondal, José Luis Fondo Aguiar, asinaron un acordo de colaboración para a promoción e difusión das actividades de dinamización da lingua e cultura galegas e o estudo e preservación da obra de Eduardo Pondal.
Fonte: Xunta de Galicia
O II Plan de éuscaro de Osakidetza inclúe diferentes iniciativas para profundar no respecto que se debe ao éuscaro e ás persoas euscaldúns. Por exemplo, solicitaráselles aos ambulatorios ou centros de saúde que introduzan os seus respectivos plans de éuscaro. Pero a euscaldunización no sistema vasco de saúde va máis alá e, por iso, prevé achegar a lingua tamén ás clínicas e centros privados.
Fonte: Noticias de Álava
O Tribunal Supremo avalou as medidas cautelares impostas polo Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña (TSJC) para que a Generalitat adopte “cantas medidas sexan precisas” para que o castelán tamén sexa lingua vehicular do ensino en Cataluña, xunto co castelán, se o pide un alumno.
Fonte: El Periódico
Alemán, chinés, español, francés, inglés, xaponés, persa e ruso son os idiomas que se poderán aprender ou perfeccionar nas sesións dos Cursos de Acceso Libre de Linguas, organizadas polo Departamento de Linguas e Culturas da Universidade portuguesa de Aveiro.
Fonte: Local.pt
O director do Instituto Internacional da Lingua Portuguesa declarou que outros países, como as nacións observadoras da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP), están considerando a opción de introducir o portugués como lingua oficial, seguindo o exemplo de Guinea Ecuatorial.
Fonte: Porto Canal
O IES As Fontiñas (Santiago de Compostela) está a desenvolver, en colaboración con outros centros educativos e organismos europeos, o proxecto Eurocatering, un sitio web de aprendizaxe de idiomas dirixido ao estudantado e aos profesionais do ámbito da cociña, a hostalería e a recepción. O proxecto inclúe léxico profesional e actividades didácticas en alemán, esloveno, español, finés, francés, galego, holandés, inglés, irlandés, italiano, noruegués e polaco, así como información sociocultural de utilidade para traballar nos diferentes países de Europa.
A Facultade de Humanidades do campus de Lugo acubilla un relatorio e unha proxección de curtametraxes en lingua de signos española producidas pola Asociación para a Produción e Formación Audiovisual de Persoas Xordas (IDendeaf).
UXT da Barranca e Burunda, censura a obriga de saber éuscaro como requisito indispensable en determinadas convocatorias de emprego realizadas por concellos e a Mancomunidade de Sakana. A opinión do seu responsable comarcal, David Medina, é que tal esixencia resulta “discriminatoria” para aspirantes que descoñecen ou non acadan o perfil lingüístico requirido nas probas de acceso.
Subscríbase ao boletín