Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    25 de febreiro de 2014

    No que se refire ao uso dos idiomas na docencia da Universidade de Santiago de Compostela neste curso 2013-2014, sen dúbida o dato máis salientable é que o castelán é a lingua en que se imparten o 73,94 % das horas de clase. O galego vehicula o 22,98 % e o inglés o 1,59 %. Francés, portugués, italiano e alemán repártense o restante 1,12 % das horas docentes.

    Fonte: O Cartafol Dixital

    24 de febreiro de 2014

    A resolución do Parlamento Europeo do 11 de setembro sobre Linguas europeas ameazadas de desaparición e a diversidade lingüística na UE significa "un fito" e "un punto de partida" para lograr máis apoios, medios e recoñecemento das linguas minoritarias.

    Fonte: Noticias de Navarra

    24 de febreiro de 2014

    Os traballadores do Concello de San Sebastián formaron un mosaico xigante en apoio a 'Udalean ere euskaraz', unha campaña de comunicación e sensibilización para promover o uso do éuscaro na Administración.

    Fonte: Diario Vasco

    24 de febreiro de 2014

    Persoas de diferentes ámbitos realizaron un chamamento á comunidade euscalduna e vasquista para saír ás rúas de Pamplona o vindeiro 22 de marzo para defender o seu dereito a vivir en éuscaro a «a pesar dos ataques do Goberno de Navarra».

    Fonte: Diario Vasco

    24 de febreiro de 2014

    Representantes de 26 asociacións presentaron un documento de consenso no que reclaman maior presenza da lingua asturiana na programación de Radio Televisión do Principado de Asturias (RTPA).

    Fonte: La Nueva España

    24 de febreiro de 2014

    O portugués é actualmente a cuarta lingua máis falada no mundo, segundo os datos presentados na exposición “Potencial Económico da Lingua Portuguesa” que se exhibe no Parlamento Europeo.

    Fonte: Euronews

    21 de febreiro de 2014

    Na cidade chilena de Temuco terá lugar a terceira marcha para esixir a oficialización da lingua mapuche, o que implicaría o seu uso e ensino nos servizos públicos e centros educativos.

    Fonte: Biobiochile

    21 de febreiro de 2014

    Unha cantante da illa de Man (Reino Unido) aspira a dar un "novo sopro de vida" á lingua manesa, que a Unesco clasificara como extinta. A cantante de 25 anos, Ruth Keggin, declara que a lingua nunca morreu e que a súa recuperación comezou hai xa décadas.

    Fonte: BBC

    21 de febreiro de 2014

    A orde que prepara a Consellería de Educación para regular a autorización do proxecto lingüístico dos centros de ensino de Réxime Xeral desde Infantil ata Bacharelato e Formación Profesional previsto no Decreto de Plurilingüismo reducirá a presenza do valenciano nas escolas de liña en castelán.

    Fonte: Diario Información

    21 de febreiro de 2014

    Desde o ano 2000 celébrase o Día Internacional da Lingua Materna cada 21 de febreiro co obxectivo de impulsar a diversidade lingüística e cultural e o multilingüismo. A data elixida para a celebración conmemora as manifestacións estudantís que tiveron lugar en 1952 en Dacca, capital do actual Bangladesh, e nas que varios participantes morreron en defensa da lingua bengalí para que se recoñecese como un dos dous idiomas oficiais do que daquela era Paquistán.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder