Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    06 de marzo de 2014

    O guaraní, falado maioritariamente en Paraguai, será o terceiro idioma de traballo oficial, xunto co español e o portugués, no Parlamento do Mercosur (Parlasur), unha decisión considerada “histórica” para América, segundo a Secretaría de Políticas Lingüísticas de Paraguai.

    Fonte: La Razón

    06 de marzo de 2014

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Antonio Fraguas Fraguas presentaron a IX Edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas, que ten como obxectivo favorecer o achegamento dos escolares de ensino primario e secundario ao patrimonio lingüístico e cultural galego.

    Fonte: Xunta de Galicia

    06 de marzo de 2014

    Só catro de cada dez españois sinalan que falan e escriben algunha lingua estranxeira, fundamentalmente inglés (25,2 % de todos os enquisados) e francés (9,6 %), segundo datos do Barómetro de febreiro do CIS, baseados en 2474 entrevistas realizadas a maiores de idade de ambos os sexos.

    Fonte: El Mundo

    06 de marzo de 2014

    A conselleira de Cultura quixo explicar o obxectivo principal do plan: “Sendo o éuscaro e o castelán as dúas linguas oficiais, o obxectivo do Plan é que a cidadanía escolla o idioma que crea conveniente na súa relación coa Administración, que se garantan os dereitos lingüísticos da cidadanía e que, para que esa oficialidade sexa real, se empregue o éuscaro como lingua de servizos e de traballo".

    Fonte: Euskara

    06 de marzo de 2014

    A conselleira de cultura quixo explicar o obxectivo principal do plan: “Sendo o éuscaro e o castelán as dúas linguas oficiais, o obxectivo do Plan é que a cidadanía escolla o idioma que crea conveniente na súa relación coa administración, que se garantan os dereitos lingüísticos da cidadanía e que, para que esa oficialidade sexa real, se empregue o éuscaro como lingua de servizos e de traballo.

    Fonte: Euskara

    05 de marzo de 2014

    O presidente da Fundación Saadi de Irán, Qolam Ali Hadad Adel, subliñou a importancia da lingua e a cultura persas e urxiu un redobramento de esforzos para salvagardalas.

    Fonte: Hispan TV

    05 de marzo de 2014

    A Universidade de Vigo convoca catro bolsas para a Área de Normalización Lingüística (ANL) destinadas á formación do estudantado, que participará nas actividades de dinamización, formación e planificación lingüística que se desenvolven na ANL.

    Fonte: CTNL

    05 de marzo de 2014

    Con 112 millóns de pesos para este ano, o Instituto Nacional de Linguas Indíxenas (Inali) busca a implementación dunha política pública que evite a extinción de 64 das 364 variantes lingüísticas que actualmente hai en México.

    Fonte: El Diario Mx

    05 de marzo de 2014

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de convocar novos cursos preparatorios para as probas de acreditación da certificación de lingua galega (Celga), baixo as modalidades presenciais e en liña (estes últimos dirixidos ao nivel Celga 1).

    Fonte: Xunta de Galicia

    05 de marzo de 2014

    O portal jove.cat, impulsado pola Dirección Xeral de Xuventude do Departamento de Benestar Social e Familia, coa Dirección Xeral de Atención Cidadá da Generalitat de Cataluña, ten un apartado sobre recursos dispoñibles en lingua catalá. Concretamente, inclúe aqueles para aprender catalán, tanto a nivel presencial como en liña. Tamén ofrece información sobre Voluntariado pola lingua, cine en catalán e medios de comunicación.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder