Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    12 de marzo de 2014

    O portal web Softcatalà presentou un novo corrector gramatical e un dicionario de sinónimos, ambos os dous baseados en programación de código libre e que serán gratuítos para todos os usuarios. Tras dous anos de traballo, pódense atopar máis de 1700 regras para detectar erros ortográficos, tipográficos e facer recomendacións de estilo.

    Fonte: El Periódico

    12 de marzo de 2014

    A porcentaxe global de uso do catalán durante o mes de febreiro incrementouse un 0,09 % respecto a xaneiro, segundo os datos do Barómetro do uso do catalán en internet da Agrupación de Webmasters Independentes en Catalán, de Cultura e de Ámbitos Cívicos.

    11 de marzo de 2014

    Un partido nacionalista luxemburgués preguntoulle ao Goberno do país sobre un anuncio de emprego publicado por unha asociación que pedía candidatos para unha praza de educador que falasen portugués, ademais das tres linguas oficiais de Luxemburgo.

    Fonte: Sábado

    11 de marzo de 2014

    Por terceiro ano consecutivo, o Concello de Cee fomentará o emprego do galego organizando o certame de relato curto "Igualando a lingua".

    Fonte: La Voz de Galicia

    11 de marzo de 2014

    O reitor Juan Casares preside a entrega dos galardóns correspondentes aos Premios á Calidade Lingüística, convocados para promover o emprego da lingua galega nos traballos de investigación.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    11 de marzo de 2014

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria impulsa o apoio á produción editorial e ao libro galego cunha nova convocatoria de axudas á tradución, en réxime de concorrencia competitiva, destinada á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e tamén á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas.

    Fonte: Xunta de Galicia

    11 de marzo de 2014

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e o director xeral de Recursos Humanos, Jesús Hurtado Olea, inauguraron no Teatro Vilafranquino as “VI Xornadas Martín Sarmiento. Educación, cultura e lingua”, coas que a Comisión Cultural Martín Sarmiento conmemora os doce anos de funcionamento do programa de promoción do galego no Bierzo e en Sanabria.

    Fonte: Xunta de Galicia

    11 de marzo de 2014

    O Valedor do Pobo de Navarra, Javier Enériz, insta o departamento de Presidencia a adoptar as “medidas oportunas” para que nas convocatorias de ingreso na Administración de Navarra ou dos seus organismos públicos “non se valore máis o coñecemento do inglés que do éuscaro”, dado que é lingua propia de Navarra e parcialmente oficial.

    Fonte: Noticias de Navarra

    11 de marzo de 2014

    O portal web de transparencia da Generalitat incluíu a infografía ‘O catalán é a novena lingua da Unión Europea e está entre as 100 máis faladas do mundo’ no apartado Datos de Cataluña. Os gráficos inclúen os principais indicadores sobre a lingua catalá da exposición “O catalán, lingua de Europa”, producida pola Dirección Xeral de Política Lingüística.

    10 de marzo de 2014

    Como vén ocorrendo desde 2004, o Comité Permanente de Logopedas da Unión Europea celebra, o 6 de marzo, o Día Europeo da Logopedia centrado, nesta ocasión, no multilingüismo.

    Fonte: Discapnet

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder