Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    23 de marzo de 2014

    Os impulsores da manifestación son persoas e asociacións que cren que o éuscaro é unha parte consubstancial de Navarra e que teñen dereito a vivir nunha comunidade bilingüe. Por isto, esixen un cambio na "disparatada e discriminatoria" política lingüística do Goberno foral e rexeitan os drásticos recortes que este realizou, escudándose na crise, en todos os ámbitos relacionados con esta lingua.

    Fonte: Noticias de Navarra

    21 de marzo de 2014

    O húngaro é unha lingua do grupo ugrofinés emparentada unicamente en Europa co estoniano e co finés e que conta con arredor de 15 millóns de falantes. O Goberno de Hungría pretende agora crear o Instituto Estratéxico da Lingua Húngara que promoverá o uso correcto do idioma.

    Fonte: The Wall Street Journal

    21 de marzo de 2014

    Unha organización benéfica recibirá financiamento do Goberno británico para contribuír a "salvar a lingua córnica". O viceprimeiro ministro do Reino Unido, Nick Clegg, declarou que "o córnico é unha parte importantísima do patrimonio de Cornualles e agora achegamos a nosa contribución para a súa protección".

    Fonte: BBC

    21 de marzo de 2014

    A Fundación Sabino Arana e a Real Academia da Lingua Vasca, Euskaltzaindia, asinaron en Bilbao un convenio de colaboración, por un período de cinco anos, centrado na promoción, normalización e bo uso do éuscaro.

    Fonte: Deia

    21 de marzo de 2014

    O conselleiro de Cultura, Ferran Mascarell, sinalou que o catalán se converteu nunha lingua de sociedade e cultura e quere que “sexa unha lingua de Europa, unha lingua normal coma todas as outras que se despregan con normalidade e oficialidade no contexto europeo”.

    Fonte: La Vanguardia

    21 de marzo de 2014

    O Goberno de Canadá informou a decenas de funcionarios federais da Axencia Tributaria Canadense que a designación bilingüe do seu posto, pola que cobraban 800 euros anuais, será agora revogada e pasará a ser monolingüe en inglés. Algúns partidos políticos xa presentaron queixas perante o Comisario de Linguas Oficiais.

    Fonte: La Presse

    21 de marzo de 2014

    A rexión de Crimea e Rusia asinaron recentemente un acordo sobre a adhesión da primeira á Federación Rusa. De se confirmar a incorporación, a nova república terá tres linguas oficiais: o ruso, o ucraíno e o tártaro, declarou o presidente ruso Vladimir Putin.

    Fonte: Ria Novosti

    21 de marzo de 2014

    O candidato á Reitoría aproveitou a súa visita á Facultade de Filoloxía e Tradución para ampliar os plans do seu goberno arredor dun novo eixe de investigación centrado na lingua.

    Fonte: Faro de Vigo

    21 de marzo de 2014

    A Real Academia Galega, o Instituto da Lingua Galega (USC) e mais a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia organizan unha nova edición destes cursos estivais, dirixidos a persoas de fóra de Galicia, que se desenvolverán entre os días 2 e 24 de xullo de 2014.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    21 de marzo de 2014

    O Instituto Camões venceu un concurso lanzado por Renfe para o ensino do portugués aos seus traballadores en Galicia, especialmente os implicados no enlace entre o Porto e Vigo.

    Fonte: Sol

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder