Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    01 de abril de 2014

    A asociación Euskal Herrian Euskaraz entregou unhas 60 sinaturas para que o Concello de Tafalla se comprometa a informar á cidadanía en éuscaro a través de instancias, rotulacións, publicidade, sinalización e todo tipo de documentos de carácter oficial.

    Fonte: Noticias de Navarra

    31 de marzo de 2014

    Un grupo de activistas a prol da lingua galesa manifestou o seu rexeitamento ao proxecto de construción de novas vivendas nos condados galeses de Gwynedd e Anglesey que, segundo eles, podería ter consecuencias desastrosas para a lingua galesa.

    Fonte: BBC

    31 de marzo de 2014

    A chanceler de Alemaña, Angela Merkel, anima os habitantes do continente africano a aprenderen alemán para poderen estudar na maior economía de Europa. A gobernante alemá tamén lembrou a necesidade de cambiarmos a visión que os europeos temos do continente africano.

    Fonte: Correio da Manhã

    31 de marzo de 2014

    A Real Academia Galega ratificou a palabra "polbo" como "forma normativa recomendable" en lingua galega, de maneira que rexeita facer oficial o termo "pulpo", tal e como reclamaba o Concello do Carballiño.

    Fonte: La Opinión

    31 de marzo de 2014

    Os libros publicados en galego en 2013 representan pouco máis da metade dos publicados o ano anterior, consolidando unha tendencia á baixa iniciada en 2008, ano no que, con 2070 títulos, se rexistrou o récord histórico.

    Fonte: Praza Pública

    31 de marzo de 2014

    O programa de dinamización lingüística FalaRedes, promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pechou un mes repleto de éxitos da man do concerto infantil-familiar Toc Toc.

    Fonte: Xunta de Galicia

    31 de marzo de 2014

    O presidente do Goberno de Canarias, Paulino Rivero, comentou que o Executivo vai insistir no ensino dun segundo idioma para fortalecer o bilingüismo entre os estudantes canarios nos próximos anos.

    Fonte: Diario de Avisos

    31 de marzo de 2014

    Baleares foi a única comunidade autónoma que en 2013 editou máis libros e folletos nunha lingua cooficial autonómica (catalán), que en castelán, segundo a Estatística de Produción Editorial correspondente a 2013 e que publicou o Instituto Nacional de Estatística.

    Fonte: Diario de Mallorca

    28 de marzo de 2014

    A escola City of Leeds do condado británico de Yorkshire será a primeira do Reino Unido en introducir a materia de inglés como segunda lingua aos seus 350 alumnos, incluídos os que naceron no Reino Unido. A razón radica no baixo nivel de inglés do alumnado.

    Fonte: Express

    28 de marzo de 2014

    O ministro principal do País de Gales, Carwyn Jones, criticou con firmeza a cobertura que a prensa londiniense está a facer sobre Gales e a súa lingua. Declarou que se sente "moi preocupado" polo ton dos artigos xornalísticos que "suxiren que a lingua galesa supón un problema para Gales".

    Fonte: BBC

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder