Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    02 de abril de 2014

    O Concello de Ourense, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, convoca o V Certame de Cinema OUFF Escola, que se desenvolverá no marco da décimo novena edición do Festival de Cine Internacional de Ourense. O obxectivo de Ouff Escola é impulsar o uso do idioma galego entre a mocidade, fomentar a creatividade audiovisual e promover o traballo en equipo.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    02 de abril de 2014

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de editar, por medio do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH), o décimo quinto dos Cadernos de Fraseoloxía Galega, que sae do prelo no marco do proxecto de investigación homónimo que desenvolve este centro adscrito á Secretaría Xeral de Política Lingüística.

    Fonte: Xunta de Galicia

    02 de abril de 2014

    O equipo galego de tradución de Gnome vén de anunciar a dispoñibilidade da nova versión da contorna de escritorio, a versión 3.12 de Gnome, cen por cen adaptada á lingua galega.

    Fonte: Código Cero

    02 de abril de 2014

    O Concello de Getxo segue conxugando carné de conducir, xuventude e éuscaro. É por isto que o Consistorio axudará con 100 euros as persoas entre 17 e 23 anos que saquen o carné de conducir en éuscaro.

    Fonte: Deia

    02 de abril de 2014

    A Viceconsellería de Política Lingüística do Goberno vasco achegará 400 000 euros a un fondo de colaboración con Euskararen Erakunde Publikoa (Organismo Público da Lingua Vasca) no País Vasco francés, para subvencionar a actividade das organizacións que impulsan iniciativas de fomento do éuscaro nesta zona de Francia.

    Fonte: Diario Vasco

    02 de abril de 2014

    Os profesores alertan de que a xente nova comete cada vez máis faltas de ortografía. Atopan moitos erros relacionados coa linguaxe que os estudantes utilizan nas mensaxes de móbil. Desde os centros educativos redobran esforzos para evitar unha deformación da linguaxe.

    Fonte: Antena 3

    01 de abril de 2014

    Lingua.ly, unha solución multiplataforma que explora os intereses do usuario para crear unha experiencia personalizada de aprendizaxe de idiomas, anunciou o lanzamento da súa aplicación gratuíta para Android. A medida que os usuarios len o contido en lingua estranxeira nos seus dispositivos móbiles e destacan palabras descoñecidas, Lingua.ly utiliza un intelixente dicionario que fornece a tradución desas palabras.

    01 de abril de 2014

    O consello executivo do Concello de Carmarthenshire, no oeste de Gales, aprobou un informe que contén máis de 70 recomendacións para "salvar a lingua galesa", despois de que o último censo mostrase unha caída do 6 % no número total de falantes na zona.

    Fonte: BBC

    01 de abril de 2014

    O Grupo Barrán, empresa de Santiago especializada en formación e desenvolvemento arredor do software libre, infórmanos dunha importante novidade no seu catálogo de recursos informáticos: un servizo electrónico en galego baixo o dominio .gal, de balde, e que sería quen de achegar as máximas condicións de seguridade e privacidade para o usuario.

    Fonte: Código Cero

    01 de abril de 2014

    A asociación Euskal Herrian Euskaraz entregou unhas 60 sinaturas para que o Concello de Tafalla se comprometa a informar a cidadanía en éuscaro a través de instancias, rotulacións, publicidade, sinalización e todo tipo de documentos de carácter oficial.

    Fonte: Noticias de Navarra

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder