Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    25 de abril de 2014

    O Senado de México aprobou reformas das leis Federal de Transparencia e de Dereitos Lingüísticos dos Pobos Indíxenas, para que esta comunidade teña acceso á información pública gobernamental na súa lingua orixinaria.

    Fonte: El Economista

    25 de abril de 2014

    Investigadores do University College de Londres demostraron que o uso das variedades locais da lingua de signos está ameazada no Reino Unido. Entre as razóns que explican esta tendencia está, por exemplo, a influencia da televisión e internet e os maiores índices de ensino da lingua de signos estándar.

    Fonte: BBC

    25 de abril de 2014

    O ministro de Xustiza, Alberto Ruiz Gallardón, anunciou que reformará o sistema actual de concesión de nacionalidade para acabar coa “discrecionalidade” da Administración. Deste modo, adiantou que o Instituto Cervantes se encargará da proba de idioma e cultura españolas e que se elaborará un manual que deberán estudar os solicitantes sobre o que se avaliará o seu grao de integración e coñecemento da cultura española.

    Fonte: Huffington Post

    25 de abril de 2014

    A Fundación da Confederación Estatal de Persoas Xordas de España (CNSE) e a Fundación Solidariedade Carrefour, co apoio da Fundación ONCE, presentaron a primeira tradución de O Principiño á lingua de signos española. Esta edición componse do libro orixinal en español acompañado por un DVD coa tradución da obra íntegra á lingua de signos española, e locución e subtitulado en castelán.

    24 de abril de 2014

    As bibliotecas de Redondela e o Servizo de Normalización Lingüística organizan a "Semana do libro, a festa das palabra". Esta celebración incide na animación á lectura e na divulgación das linguas que se falan na península ibérica como son galego, castelán, portugués, asturiano, éuscaro, aragonés, catalán, mirandés e aranés.

    Fonte: Atlántico

    24 de abril de 2014

    Da man da Compañía de Radio Televisión de Galicia, da Asociación de Escritores en Lingua Galega e da Asociación do Libro Infantil e Xuvenil Galix presentábase a campaña #engalegoleo. Esta iniciativa pretende promover a literatura na nosa lingua animando os lectores a compartir as súas preferencias mediante as redes sociais, nomeadamente Twitter.

    Fonte: Culturagalega.org

    24 de abril de 2014

    A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria publica a convocatoria de nove bolsas de formación en diferentes proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    24 de abril de 2014

    A nova canle de televisión, El Punt Avui TV, comezou as súas emisións regulares. A canle televisiva actualmente cobre o 50 % do territorio xeográfico, pero se pode ver no 80 % do país e no futuro incrementará a cobertura.

    Fonte: Generalitat de Cataluña

    24 de abril de 2014

    O obxectivo desta campaña é impulsar o uso do éuscaro nas relacións que as persoas teñen coa administración. Deste modo, ao realizar a declaración da renda en éuscaro, ademais de abrir novas vías ao idioma, tamén se promove a euscaldunización da administración.

    Fonte: Diario Vasco

    23 de abril de 2014

    O presidente ruso, Vladimir Putin, aprobou modificacións lexislativas que facilitarán a concesión da cidadanía aos falantes de lingua rusa que vivan en ex-repúblicas soviéticas.

    Fonte: Yahoo Notícias

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder