Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    09 de maio de 2014

    O Concello de Silleda, en colaboración co IES Pintor Colmeiro, a asociación Empresarios e Comerciantes de Silleda (ECOS) e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, presenta a primeira edición do Premio Concello de Silleda á normalización lingüística nas empresas e comercios, co obxectivo de estimular o uso do galego no sector comercial e recoñecer o labor tanto das empresas cunha tradición recoñecida na normalización, como das que se incorporaron recentemente ás prácticas normalizadoras.

    09 de maio de 2014

    Entre cincuenta e sesenta quilos oscilaba o peso dun quintal, unha medida tradicional xa en desuso, que dende a Asociación Trabalingua recuperan para o concurso Quintal Literario, que convocan xunto coa Área de Normalización lingüística da Universidade de Vigo.

    Fonte: Universidade de Vigo

    09 de maio de 2014

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organizou no IES Manuel Padín Truiteiro, de Soutomaior, a terceira das sete conferencias sobre toponimia que se desenvolverán durante o Mes das Letras en diversos institutos galegos no marco do proxecto Dragal.

    Fonte: Xunta de Galicia

    09 de maio de 2014

    O Ministerio de Cultura acaba de facer públicas as estatísticas do rexistro do ISBN, o número que identifica os libros publicados en todo o Estado, durante 2013. Segundo estas cifras, o libro galego continúa a minguar a súa presenza no mercado editorial, aínda que o descenso é menos acusado do que o doutros idiomas.

    Fonte: Culturagalega.org

    08 de maio de 2014

    A coñecida familia Bolechas, deseñada por Pepe Carreiro, chega desde esta primavera a 48 concellos da Rede de Dinamización Lingüística para facer as delicias dos cativos e cativas de 4 a 8 anos.

    Fonte: Xunta de Galicia

    08 de maio de 2014

    A Fundación puntCAT, a entidade privada que xestiona o dominio .cat, entregou os galardóns da cuarta edición de Webs al punt .cat, un concurso que invita aos estudantes de territorios de fala catalá de ESO, Bacharelato e Ciclos formativos de grao medio ou superior a deseñar un sitio web propio en catalán dentro do seu ámbito académico.

    08 de maio de 2014

    O Departamento de Cultura da Generalitat de Cataluña ofrece, a través da base de datos da prensa da Dirección Xeral de Política Lingüística, a consulta en liña de 100 000 noticias e artigos xornalísticos sobre a lingua catalá publicados en medios impresos e dixitais desde o ano 2000 á actualidade.

    07 de maio de 2014

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, vén de poñer en marcha a xincana “Díaz Castro na voz da xente”, que chegará desde este mes e ata decembro aos sete concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) incluídos na itinerancia da mostra “Nimbos de luz”.

    Fonte: Xunta de Galicia

    07 de maio de 2014

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura, colabora coa primeira edición da Carreira Camiño das Letras, unha proba cultural e deportiva que se celebrará o domingo 18 de maio ás 10:30 horas na capital de Galicia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    07 de maio de 2014

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria celebra no Gaiás o Día das Letras Galegas cun recital poético-musical organizado polo Centro PEN Galicia para homenaxear o poeta lucense Xosé María Díaz Castro no ano no que se conmemora o centenario do seu nacemento.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder