Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    12 de maio de 2014

    A Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística porá en marcha o proxecto Funil.gal, unha iniciativa que procurará dotar a lingua galega de novas ferramentas multimedia para o ámbito científico, inicialmente no ámbito da química e, en concreto, no terreo das prácticas de laboratorio nas tres universidades galegas.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    12 de maio de 2014

    O proxecto desenvolvido conxuntamente pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié foi escollido como un dos tres finalistas entre máis de corenta candidaturas.

    Fonte: Real Academia Galega

    12 de maio de 2014

    Cada vez son máis os navarros e navarras que saben éuscaro. O 11,7 % dos habitantes de 16 anos ou máis da Comunidade Foral é bilingüe (63 000 persoas) e un 7,5 % declárase bilingüe pasivo (entende o idioma pero non o fala), unhas porcentaxes que se incrementan de forma considerable entre a poboación máis nova.

    Fonte: Noticias de Navarra

    12 de maio de 2014

    A campaña ‘Al vostre servei’ (Ao voso servizo) reforzará o uso da lingua catalá na atención ao público do sector da distribución comercial. A campaña ten como obxectivo desenvolver accións de sensibilización dirixidas a profesionais que atenden o público para mellorar a calidade do servizo en catalán.

    09 de maio de 2014

    Parlamentarios galeses do Partido Laborista e do Partido de Gales demandaron o dereito a se expresaren en lingua galesa nos debates do Parlamento do Reino Unido que aborden temas relacionados co País de Gales.

    Fonte: BBC

    09 de maio de 2014

    Investigadores e educadores procedentes de países de fala árabe defenderon, con motivo da terceira Conferencia Internacional sobre a Lingua Árabe celebrada en Dubai, a necesidade de redactar e aprobar leis que protexan esta lingua.

    Fonte: Gulfnews

    09 de maio de 2014

    A Corporación de Medios Audiovisuais estrea na súa web o espazo “Bom dia”, que permite acceder a unha ampla oferta de contidos audiovisuais dos diferentes territorios de fala catalá que están dispoñibles en liña.

    Fonte: Generalitat de Cataluña

    09 de maio de 2014

    A iniciativa, dirixida a alumnos e alumnas de 6º de Primaria e 1º e 2º da ESO, ten como obxectivo o fomento da práctica do inglés entre os participantes, que deberán empregar este idioma para desenvolverse en situacións de convivencia durante unha semana.

    Fonte: Diario de Avisos

    09 de maio de 2014

    A oficina postal de Cabo Verde uniuse ás conmemoracións dos 800 anos da lingua portuguesa coa emisión dun selo conmemorativo da efeméride con motivo do Día da Lingua Portuguesa e da Cultura na Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP). As actividades conmemorativas do oitavo centenario da lingua común nos oito países da CPLP (Angola, Brasil, Cabo Verde, Guinea-Bisau, Mozambique, Portugal, San Tomé e Príncipe e Timor Leste) terán lugar ata xuño de 2015, co obxectivo principal de reafirmar a importancia da lingua portuguesa no mundo.

    09 de maio de 2014

    O feito de que os estados lusófonos non ratificaran o Acordo Ortográfico non reduce o poder do portugués como lingua internacional, mesmo se é desexable que haxa un entendemento entre todos os países en relación con este tema, declarou un investigador do instituto portugués de investigación ISCTE.

    Fonte: Público

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder