Unha sentenza do Xulgado do Social número 2 de San Sebastián elimina a obrigatoriedade da proba de éuscaro para os aspirantes a traballar como condutores da compañía municipal de autobuses Donostibus (Dbus).
Fonte: El Mundo
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Unha sentenza do Xulgado do Social número 2 de San Sebastián elimina a obrigatoriedade da proba de éuscaro para os aspirantes a traballar como condutores da compañía municipal de autobuses Donostibus (Dbus).
Fonte: El Mundo
O Diario Oficial de Estremadura (DOE) regula, con carácter experimental, a convocatoria de seccións bilingües en Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e Formación Profesional (FP) para o curso 2014/2015, en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Estremadura.
Fonte: Digital Extremadura
A Rede Europea para a Igualdade das Linguas (ELEN) aprobou a Declaración de Valencia, no marco do encontro que mantiveron en Valencia as organizacións que integran esta rede, entre as que se atopa a Mesa pola Normalización Lingüística. Na declaración apélase á construción dunha Unión Europea respectuosa co multilingüismo onde os diferentes pobos poidan exercer o dereito de vivir nos seus idiomas e culturas propios.
Fonte: Consello da Cultura
O investigador e lingüista angolano António Ngula Chivinga afirmou en Luanda que se os gobernos non adoptan políticas de valorización e expansión das linguas nacionais de Angola, estas corren o risco de desaparecer.
Fonte: AngoNotícias
O mes de decembro pasado, o 16 % dos empregados públicos do municipio de Ottawa (Canadá) era bilingüe, a mesma porcentaxe que o ano anterior. Isto é o que revela o informe sobre os servizos en francés de 2013 que será entregado ao comité de finanzas e desenvolvemento económico do Canadá.
Fonte: La Presse
O grupo parlamentario popular presentou unha iniciativa para que a Xunta faga xestións tendentes a conseguir que a Compostela, que acredita ter feito o camiño de Santiago, se poida obter en galego.
Fonte: La Voz de Galicia
Nao, Machina, Arrhythmia, Zenzar, Superoito, Familia Caamagno, Caiman do río Tea e Lydia Botana son os protagonistas do vídeo E ti, por que cantas en galego?
Fonte: Culturagalega.org
A Consellería de Educación, Cultura e Universidades anunciou que en elección da primeira lingua, o catalán foi a lingua seleccionada polo 77 por cento dos alumnos, cun total de 9005 solicitudes, o que supón un descenso de 3 puntos respecto ao curso anterior, no que se rexistrou o 80 por cento.
Fonte: Diario de Ibiza
O inglés é a lingua non oficial da política europea. Así o revelan os datos extraídos dos debates celebrados no Parlamento Europeo que, entre 2008 e 2012, se desenvolveron maioritariamente en inglés. Os 764 deputados do Parlamento Europeo están obrigados a asistir ás sesións plenarias para debater asuntos lexislativos e, malia teren plena liberdade para falar en calquera das 24 linguas oficiais da Unión Europea, a maioría decide facer as súas intervencións en inglés.
Hand Talk é unha aplicación gratuíta que converte contidos en audio, en texto dixitais e fotografados a "libras" (lingua brasileira de signos). A tradución pode facerse de tres maneiras: dixitando ou colocando o texto no campo determinado, gravando o audio ou fotografando un texto.
Fonte: Catraca Livre
Subscríbase ao boletín