Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    06 de xuño de 2014

    A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Dereito e mais o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña convocan a quinta edición do Premio Lois Tobío de Investigación Xurídica en Lingua Galega.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    06 de xuño de 2014

    Unha profesora de lingüística da Universidade de Kinshasa alerta da tendencia á desaparición das linguas vernáculas na República Democrática do Congo, dados os baixos niveis de utilización no ámbito familiar, universitario e administrativo.

    Fonte: Digitalcongo

    06 de xuño de 2014

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, destacou na súa comparecencia parlamentaria as iniciativas postas en marcha desde a Administración autonómica para avanzar na transmisión interxeracional, nas tecnoloxías da información e do coñecemento e na proxección exterior do idioma.

    Fonte: Xunta de Galicia

    05 de xuño de 2014

    A Facultade de Ciencias Humanas da Universidade de Botswana (UB) está en proceso de aplicación dun programa de lingua portuguesa. O portugués converterase na terceira lingua estranxeira ensinada na universidade, despois do francés e o chinés, de acordo cun comunicado feito pola propia universidade.

    Fonte: Diário de Notícias

    05 de xuño de 2014

    A Fundación Lois Peña Novo deu a coñecer os gañadores da XX edición dos Premios Lois Peña Novo, pensados para animar o proceso de normalización lingüística no eido das administracións públicas, na vida institucional de Galicia e na sociedade en xeral.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    05 de xuño de 2014

    A Asociación PuntoGal explicou que xa está en marcha o proceso para seleccionar até un máximo de 90 páxinas, que serán as primeiras en poder publicarse co .gal.

    Fonte: Galicia Confidencial

    05 de xuño de 2014

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística publica, no DOG do 3 de xuño de 2014, a resolución pola que se conceden as axudas aos proxectos de fomento do uso do galego dos centros de ensino público non universitario de Galicia para o curso escolar 2013/2014.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    05 de xuño de 2014

    Radio Paquistán (PBC, polas súas siglas en inglés) pechou o servizo que retransmitía programación en nove linguas rexionais (panxabi, sindi, paxtún, baluchi, siraiki, potohari, balti, shina e brahui) que estaba en funcionamento desde 2008. Os programas trataban asuntos culturais e de interese nacional, rexional ou local.

    Fonte: Dawn

    05 de xuño de 2014

    Kultur Etxea acolleu a presentación dos resultados que lanzou unha medición efectuada por Soziolinguistika Klusterra en catro zonas de Urretxu e de Zumarraga. O obxectivo non consistiu nunha enquisa sobre o uso do éuscaro, senón nunha medición efectuada con discreción e no anonimato das persoas que o levaron a cabo.

    Fonte: Diario Vasco

    05 de xuño de 2014

    O Concello de Pollença outorgará subvencións de ata o cincuenta por cento da factura a todas as empresas e comercios que rotulen os negocios en lingua catalá e utilicen a lingua propia das illas para elaborar impresos, bolsas ou cartas de restaurante, entre outros elementos.

    Fonte: Diario de Mallorca

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder