Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    09 de xuño de 2014

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou na Cidade da Cultura "Os Bolechas e o Sabichón", o concurso infantil que ata finais de ano percorrerá máis de medio cento de vilas para dinamizar o galego entre a xente miúda e as súas familias.

    Fonte: Xunta de Galicia

    09 de xuño de 2014

    O pleno da Academia Valenciana da Lingua (AVL) aprobou unha nova declaración institucional centrada na “necesidade duns medios públicos de comunicación en valenciano”, a propósito do “incumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias, sobre todo tras a desaparición da Radiotelevisión Valenciana (RTVV)”.

    Fonte: El Mundo

    09 de xuño de 2014

    O voceiro do grupo parlamentario de Chunta Aragonesista (CHA), José Luis Soro, esixiulle ao Executivo autonómico que publique o mapa de uso histórico predominante das linguas e modalidades lingüísticas minoritarias da comunidade autónoma e que constitúa a Academia Aragonesa da Lingua.

    Fonte: Te Interesa

    09 de xuño de 2014

    Venezuela podería introducir o ensino da lingua portuguesa nas escolas, anunciou o secretario de Estado de Asuntos Exteriores e Cooperación de Portugal, Luís Campos Ferreira. O gobernante lembrou que en Venezuela hai "diversas empresas portuguesas" e que existen "volumes de negocio moi elevados".

    Fonte: Correio da Manhã

    09 de xuño de 2014

    Un novo estudo mostra que existe unha relación directa entre a desaparición dos hábitats e a perda das linguas. Unha lingua de cada catro, das 7000 que se falan no mundo, está en risco de desaparición, mentres se incrementa a perda da biodiversidade cultural.

    Fonte: The Guardian

    08 de xuño de 2014

    Milleiros de estudantes do Reino Unido recibirán clases de chinés mandarín grazas a un plan do Goberno británico que pretende introducir a "lingua do futuro" nas escolas públicas. Máis de 1200 profesores de chinés recibirán a formación necesaria para acadar este obxectivo.

    Fonte: The Telegraph

    08 de xuño de 2014

    O Centro de Linguas da Universidade do Miño acaba de abrir as inscricións para a quinta edición do Verán das Linguas. Durante o mes de xullo e setembro ofreceránse cursos nas seguintes linguas: alemán, árabe, checo, español, francés, inglés, italiano, xaponés, ruso e portugués como lingua estranxeira, impartidos por falantes nativos destes idiomas con formación e experiencia docente. Os cursos terán lugar nos centros universitarios de Gualtar (Braga) e Azurém (Guimarães).

    Fonte: Braga TV

    06 de xuño de 2014

    Celebrouse o 750 aniversario da implantación do valenciano como lingua oficial nos tribunais de xustiza do antigo Reino de Valencia, por mandamento do rei Jaume I, tal e como lembrou o profesor de Historia do Dereito e das Institucións da Universidade Jaume I, Vicent García Edo.

    Fonte: Levante-emv

    06 de xuño de 2014

    O Consello do Jura bernés alerta que o ensino do francés está ameazado nos institutos de lingua vehicular alemá do cantón de Berna (Suíza). Un proxecto prevé manter só unha hora desta lingua no cuarto ano.

    Fonte: 24heures

    06 de xuño de 2014

    Esquerda Unida denunciou a ausencia de programas para a protección, uso e promoción da lingua leonesa por parte da Junta de Castela e León, xa que non aprobou nas partidas propias da Consellería de Cultura as medidas para garantir a supervivencia desta lingua.

    Fonte: León Noticias

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder