Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    04 de xuño de 2014

    A Deputación de Guipúscoa asegura que logrou o 85 % dos obxectivos incluídos na estratexia para fomentar o uso do éuscaro na institución foral e cre que a este ritmo poderá cumprir en 2015 co propósito de prestar todos os servizos nesta lingua.

    Fonte: Diario Vasco

    04 de xuño de 2014

    Un total de 171 familias reclama a implantación dun servizo de pediatría en éuscaro no centro de saúde de Leitza para a área de cobertura que engloba Goizueta, Areso e Arano. A súa reivindicación aparece recollida en sendas instancias nominais dirixidas ao Servizo Navarro de Saúde-Osasunbidea e ao propio Goberno foral.

    Fonte: Diario de Navarra

    04 de xuño de 2014

    A plataforma a prol da defensa e promoción da lingua galega, Prolingua, envioulle unha carta de felicitación ao Deportivo polo uso habitual do noso idioma nos actos de celebración do ascenso a Primeira División.

    Fonte: Galicia Confidencial

    04 de xuño de 2014

    A presenza do galego é escasa en todos os planos da actividade investigadora e en todos os momentos da carreira académica. É unha realidade ben coñecida pero a Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística quixo analizala para poder achegar propostas para a mellora da situación do galego na ciencia.

    Fonte: Universidade de Vigo

    04 de xuño de 2014

    Na actualidade, as autoridades locais do País de Gales son as que deciden que lingua (galés ou inglés) debe ir primeiro nos sinais públicos. Porén, unha investigación realizada pola Comisaria da Lingua Galesa, Meri Huws, confirmou que no futuro se dará prioridade á lingua galesa en detrimento do inglés.

    Fonte: Wales Online

    04 de xuño de 2014

    A plataforma DStv dá un importante paso para a súa internacionalización coa presentación dunha nova canle de televisión en lingua portuguesa, a Correio da Manhã TV ou CMTV, que se emitirá en Angola e Mozambique.

    Fonte: Local.pt

    03 de xuño de 2014

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou en Fene no acto de entrega de premios do IV Certame de Microrrelatos Concello de Fene e do I Certame de Creación Artística En galego? É o noso!.

    Fonte: Xunta de Galicia

    03 de xuño de 2014

    Cada vez son máis os centros escolares da comarca do Salnés que apostan por incrementar a formación en lingua estranxeira. Iso está a suceder tamén no municipio do Grove.

    Fonte: La Voz de Galicia

    03 de xuño de 2014

    Segundo revela un informe dos servizos en lingua francesa elaborado polo Concello de Ottawa (Canadá), o ano pasado rexistrouse no municipio un incremento do 81 % das queixas en materia lingüística.

    Fonte: Ottawa Sun

    03 de xuño de 2014

    Os representantes do Senado de California (EUA) aprobaron unha nova lei que permitirá revogar a iniciativa que prohibe a educación bilingüe nas escolas do estado.

    Fonte: Neon Tommy

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder