O ministro irlandés de Estado das Zonas de Fala Irlandesa ("Gaeltacht"), Dinny McGinley, solicitou a diferentes grupos interesados a presentación de plans para a promoción e protección do gaélico irlandés.
Fonte: Independent
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O ministro irlandés de Estado das Zonas de Fala Irlandesa ("Gaeltacht"), Dinny McGinley, solicitou a diferentes grupos interesados a presentación de plans para a promoción e protección do gaélico irlandés.
Fonte: Independent
Presentouse en Lisboa o dicionario Língua Charra: Regionalismos de Trás-os-Montes e Alto Douro, considerada "a máis completa recolla de vocabulario popular trasmontano e do Alto Douro publicada ata hoxe".
Fonte: Notícias ao Minuto
O director executivo do Instituto Internacional da Lingua Portuguesa (IILP) pediu por escrito a deputados portugueses que defendan o novo Acordo Ortográfico, a propósito do debate no Parlamento portugués que solicita a desvinculación de Portugal do acordo lingüístico.
Fonte: O Mirante
A agrupación cultural Barrizten, en colaboración co Concello de Abadiño, convocou o primeiro Concurso de Piropos en éuscaro co obxectivo de fomentar «dunha forma lúdica» o uso literario desta lingua.
Fonte: El Correo
A Federación de Asociacións de Persoas Xordas das Illas Canarias (Fasican) denunciou que durante o pasado temporal as persoas xordas estiveron “desprotexidas” polo feito de que nas televisións non houbo información en lingua de signos nin subtítulos.
Fonte: La Opinión
Desde a Concellería de Comercio do Concello do Grove, dirixida por Marta Domínguez, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística municipal, acaban de poñer en marcha unha nova campaña de dinamización lingüística para fomentar que os traballadores dos establecementos falen en galego.
Fonte: Diario de Arousa
O Programa de Cualificación Docente e Ensino da Lingua Portuguesa (PQLP) do Ministerio de Educación do Brasil envía profesores de portugués a Timor Leste co fin de formar profesionais timorenses en ámbitos relacionados co ensino, a investigación e os medios de comunicación.
A comunidade lusófona continúa a ser un “actor central na vida política, económica e social” de Macau, defendeu o presidente da Comisión Europea, Durão Barroso, durante unha visita á rexión administrativa chinesa.
Fonte: Mundo Português
O Consello da Xunta deu o visto e prace á renovación dos convenios coas universidades de São Paulo e do Estado de Río de Janeiro, a través dos que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria favorece a proxección exterior da lingua, literatura e cultura galegas, neste caso no ámbito da lusofonía.
Fonte: Galicia en el Mundo
O Concello de Xove está a desenvolver unha campaña de dinamización lingüística no ámbito do comercio local que ten como obxectivo reforzar o uso do galego nas comunicacións comerciais e, ao tempo, promover o pequeno comercio de ámbito local.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Subscríbase ao boletín