Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    17 de setembro de 2013

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria chegará este curso 2013/14 a máis de 72 200 alumnas e alumnos –un 31,2 % máis que no curso 2012/13- a través do Plan de potenciación das linguas estranxeiras.

    Fonte: Xunta de Galicia

    16 de setembro de 2013

    Moitas das linguas nativas que se falan actualmente en Nixeria desaparecerán se non se toman medidas para a súa protección. O inglés estase a converter na lingua principal de moitos fogares en detrimento da lingua nativa.

    Fonte: All Africa

    16 de setembro de 2013

    O ministro de Educación de Taiwán anunciou que o ensino en linguas nativas (principalmente taiwanés, hakka e linguas aborixes) será obrigatorio a partir de 2016, noticia que foi recibida con satisfacción por grupos de pais e nais e organizacións de profesores.

    Fonte: Taipei Times

    16 de setembro de 2013

    O Servizo de Axente de Recursos Sociais permitiralles ás persoas xordas realizar consultas de temáticas social, laboral ou educativa sen ter que efectuar desprazamentos innecesarios. Os usuarios serán atendidos por un experto en lingua de signos que lles ofrecerá orientación e asesoramento.

    Fonte: La Opinión

    16 de setembro de 2013

    As comisións de normalización lingüística das facultades de Socioloxía e CC. da Comunicación da Universidade da Coruña, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística, comezan o curso presentando novas accións para dinamizar o uso do galego entre o seu alumnado.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    16 de setembro de 2013

    A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) publica dúas liñas de axudas dirixidas ao ámbito do audiovisual galego, unha delas destinada a apoiar as producións ou coproducións audiovisuais neste idioma e outra para subvencionar o desenvolvemento de proxectos audiovisuais en lingua galega.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    16 de setembro de 2013

    Cada vez son máis a persoas que estudan outra lingua para aumentar as súas posibilidades laborais, ben sexa en academias particulares ou na Escola Oficial de Idiomas, que cubre practicamente todas as súas prazas, 5000 durante o último curso.

    Fonte: Salamanca 24 horas

    16 de setembro de 2013

    A Academia Valenciana da Lingua (AVL) enviaralles un lote de publicacións editadas pola institución aos institutos da comunidade no marco da campaña de promoción e difusión do valenciano bautizada como ‘A AVL na aula’.

    Fonte: 20 minutos

    13 de setembro de 2013

    Cunha certa solemnidade, presentáronse no Memorial Ghandi de Nova Deli os resultados do último censo lingüístico da India, obra de Ghanesh Devy, ex-profesor de lingua inglesa (premio Linguapax 2011). O autor chegou á conclusión de que, das 850 linguas detectadas na India, polo menos 200 están ameazadas de desaparición, particularmente as faladas por menos de 10 000 persoas.

    Fonte: Nationalia

    13 de setembro de 2013

    As escolas Diwan, especializadas no ensino do bretón e en bretón, comezaron o novo curso cun déficit notable de profesores, segundo denunciou a CGT-SNEIP, o sindicato que ten máis adheridos entre o persoal.

    Fonte: Nationalia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder