A tradución ao galego é do 100 % na versión 3.5.1 de Wordpress, o que significa, entre outras cousas, que amais do panel de uso común, tamén veremos en galego elementos como os menús de administración.
Fonte: Código Cero
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A tradución ao galego é do 100 % na versión 3.5.1 de Wordpress, o que significa, entre outras cousas, que amais do panel de uso común, tamén veremos en galego elementos como os menús de administración.
Fonte: Código Cero
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada nos secretarios xerais de Cultura e de Política Lingüística, Anxo Lorenzo e Valentín García, respectivamente, participou na rolda de prensa na que se deron a coñecer as bases da XVI edición do certame de poesía Concello de Carral.
Fonte: Xunta de Galicia
A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana (XDLA) remitiulles cartas ao director da RTPA, Antonio Virgili, e á directora xeral de Política Lingüística, Ana Fueyo Llaneza, pedindo que "no entre público de comunicación se usen de modo sistemático na programación os topónimos oficiais".
Fonte: 20minutos
Coincidindo coa celebración das vinte edicións en galego de O Principiño da man da Editorial Galaxia, o selo galego vén de pór en marcha un concurso na rede social Twitter arredor da lendaria e inmortal obra de Antoine de Saint-Exupèry.
Fonte: Código Cero
A rede de excelencia Meta-Net, constituída por 60 centros de investigación de 34 países, entre eles o Grupo de Tecnoloxías Multimedia da Universidade de Vigo, vén de presentar unha folla de ruta para o desenvolvemento de novas tecnoloxías da linguaxe con potencial para facer da rica variedade idiomática de Europa un factor determinante de crecemento económico e social.
Fonte: Código Cero
Os xogadores da selección de fútbol de Cabo Verde aseguran que están contribuíndo á promoción da lingua portuguesa ao rexeitar dar entrevistas en ningunha outra lingua durante a Copa Africana de Nacións.
Fonte: Reuters
O polaco é a segunda lingua máis falada en Inglaterra e Gales, segundo os novos datos achegados polo censo de 2011.
Fonte: The Independent
A Vicedirección e o Equipo de Normalización Lingüística do IES Laxeiro convocan o concurso Nove palabras que precisa o galego.
Fonte: Faro de Vigo
Galego: a chave do mundo. Ese é o lema da nova edición do Correlingua, a de 2013, que xa ten datas e que ten abertos os prazos dos diferentes concursos: vídeo, banda deseñada, elaboración de manifesto e cantalingua.
Fonte: CTNL
Desde Iniciativa polo Asturiano solicítalle ao Concello de Oviedo que utilice a lingua asturiana nos carteis oficiais do Entroido da cidade.
Fonte: Infoasturies
Subscríbase ao boletín