Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    20 de setembro de 2012

    Un grupo de enfermeiras filipinas que aseguraban ter sido obxecto de burlas polo seu acento e obrigadas a falar “só en inglés” gañou unha resolución xudicial contra o Hospital Central de California.

    Fonte: Los Angeles Times

    20 de setembro de 2012

    Unha emisora de radio da cidade de Stayton, en Oregón, está cambiando o seu formato para ser unha emisora en lingua española mentres continúa a súa adaptación á era dixital.

    Fonte: Statesman Journal

    20 de setembro de 2012

    Por primeira vez este ano, a Generalitat de Cataluña convocou unha liña específica de subvencións, dotada con 200 000 euros, dirixida a iniciativas de empresas que promovan o uso da lingua catalá.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    20 de setembro de 2012

    O Departamento de Cultura de Cataluña, o concello de Tolosa e a federación de entidades culturais Converxencia Occitana manterán unha reunión para estudar as posibles liñas de actuación para fomentar a lingua e a cultura occitanas, que se formalizará nun futuro convenio de colaboración permanente.

    19 de setembro de 2012

    Dos 16 millóns de mexicanos que se autodescriben como indíxenas, 7 millóns falan a súa lingua e pouco máis dun millón só falan esta lingua.

    Fonte: Excelsior

    19 de setembro de 2012

    O British Council desenvolveu unha ferramenta de avaliación do nivel de inglés que está deseñada para axudar ás organizacións a chegar a máis xente, conectar con eles e mellorar os estándares de inglés falado e escrito dos seus empregados.

    Fonte: Daily Mail

    19 de setembro de 2012

    Os estudantes das escolas primarias da illa británica de Jersey recibirán, no novo curso, clases da lingua nativa do lugar.

    Fonte: BBC

    19 de setembro de 2012

    O día 7 de novembro é a data límite para participar no certame Somos a curta!, que por segundo ano consecutivo pon en marcha a Comisión de Normalización Lingüística de Ciencias da Comunicación coa colaboración da Liga Estudantil Galega e o Servizo de Normalización Lingüística.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    19 de setembro de 2012

    Meses despois do lanzamento de Siri, o software de recoñecemento de voz de Apple fala e entende español. Xunto con outros tres novos idiomas, Siri pretende non só chegar ao maior número de usuarios senón tamén mellorar certos aspectos.

    Fonte: Europa Press

    19 de setembro de 2012

    A Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE) pediulle a RTVE que incorpore a lingua de signos ás súas emisións televisivas e cualificou de positivo, aínda que insuficiente, que a entrevista a Rubalcaba incorporase a interpretación só na web.

    Fonte: Diario Vasco

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder