O BNG denunciou que A Coruña é a única cidade da Comunidade Autónoma na que o Goberno local non utiliza o galego, pese a ser a urbe de Galicia con máis falantes desta lingua.
Fonte: La Opinión
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O BNG denunciou que A Coruña é a única cidade da Comunidade Autónoma na que o Goberno local non utiliza o galego, pese a ser a urbe de Galicia con máis falantes desta lingua.
Fonte: La Opinión
Por primeira vez, a Autoridade Canadense de Rexistros de Internet permite o uso de nomes de dominios escritos con caracteres franceses, polo que os canadenses poden agora rexistrar as súas páxinas web escritas correctamente nas dúas linguas.
Fonte: Beacon News
A conselleira de Educación e Cultura do Principado, Ana González, anunciou que a futura Lei orgánica para a mellora da calidade educativa (LOMCE) incluirá finalmente a lingua asturiana como materia de oferta obrigada nos centros.
Fonte: RTPA
Trinta e seis municipios de Biscaia puxeron en marcha unha campaña informativa para animar a unhas 7000 familias a que matriculen no modelo D, de ensino en éuscaro, aos seus fillos de 2 e 3 anos.
Fonte: Deia
O 33 % dos galegos renunciaría ao sexo durante un ano e un 58 % estaría disposto a pagar 10 000 euros por ter un nivel perfecto de inglés, segundo o último informe elaborado pola Cambridge University Press.
Fonte: Faro de Vigo
O Centro de Linguas Modernas da Universidade de Santiago de Compostela oferta para o segundo cuadrimestre novos cursos de árabe, catalán, checo, chinés, danés, lingua de signos, portugués, ruso, xaponés, inglés, galego para non galegofalantes e español para estranxeiros.
O popular xestor de contidos WordPress acaba de estrear a súa versión 3.5, que achega numerosas novidades importantes. Ademais todas estas melloras están xa dispoñibles tamén en galego, grazas ao traballo de voluntarios.
Fonte: Código Cero
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio do seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, anunciou que a actividade de dinamización lingüística ‘O Señor das Dunas’, destinado ás entidades da Rede de Dinamización Lingüística (RDL), chegará esta fin de semana á capital de Galicia no marco do programa ‘FalaRedes’.
Fonte: Xunta de Galicia
O Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración con Radio Redondela, pretende facer un glosario de termos xenuínos de Redondela e a súa contorna. Con este obxectivo solicita a colaboración de toda a veciñanza do municipio para que fagan as súas achegas e contribúan a crear este glosario de termos e expresións redondelás en lingua galega.
Fonte: SNL de Redondela
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, inaugurou en Bembibre a mostra “Querido Balbino, 1961-2011. 50 anos de Memorias dun neno labrego”.
Fonte: Xunta de Galicia
Subscríbase ao boletín