Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    11 de setembro de 2012

    O obxectivo da campaña "Móllate polo galego" é aumentar a sensibilidade dos mozos polo idioma galego, concienciándoos sobre a importancia de empregar a lingua propia de Galicia en todos os eidos, e tamén de xeito lúdico e artístico. A campaña está impulsada pola plataforma de medios en lingua galega Vitaminas para o Galego.

    Fonte: Praza Pública

    11 de setembro de 2012

    Segundo os datos do Departamento de Educación, inscribíronse máis de 17 000 persoas para facer alemán, 5000 máis que o ano pasado, para pouco máis de 8000 prazas dispoñibles. O incremento medio é do 30 %, aínda que hai centros nos que se chegou ata un 50 % máis de preinscritos.

    Fonte: La Vanguardia

    11 de setembro de 2012

    A Plataforma pola Lingua lanzou o Catavolta 2.0, un xogo dixital con preguntas sobre a lingua catalá e a súa situación social e legal. Pódese participar a través da web da entidade e tamén desde Facebook.

    Fonte: Gencat

    11 de setembro de 2012

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou na Biblioteca da Cidade da Cultura de Galicia a nova versión do corrector de galego Imaxín Galgo 2.0.

    Fonte: Xunta de Galicia

    11 de setembro de 2012

    A comisaria de Educación do Goberno de Lagos, Olayinka Oladunjove, informou de que o goberno introducirá o mandarín, ou lingua chinesa, no currículo das escolas públicas para o próximo ano.

    Fonte: The Nation

    11 de setembro de 2012

    A Embaixada de España en Estados Unidos premiou sete colexios do país pola súa contribución a reforzar o papel do español como primeira lingua estranxeira en Estados Unidos a través de programas de inmersión ou bilingües.

    Fonte: La Información

    10 de setembro de 2012

    A escola irlandesa Law Society (Sociedade xurídica) recibirá o Selo Europeo das Linguas 2012 polo seu curso de irlandés xurídico.

    Fonte: Irish Times

    10 de setembro de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria desprega durante a fin de semana unha manchea de actividades de promoción do galego destinadas ás entidades adheridas á Rede de Dinamización Lingüística (RDL).

    Fonte: Xunta de Galicia

    10 de setembro de 2012

    Unha coalición de organizacións de comunidades sudasiáticas lanzou unha campaña nacional apartidista, chamada Vote! (Votade!), en sete linguas do sur de Asia para impulsar o voto da comunidade nas eleccións que se celebrarán no país americano o 6 de novembro.

    Fonte: Two Circles

    10 de setembro de 2012

    A Xunta de Galicia pon en marcha a primeira edición dos cursos de linguaxe administrativa e xurídica en liña de nivel superior, dirixidos a seguir capacitando lingüisticamente o persoal público.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder