A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria volve, unha fin de semana máis, a achegarlle a lingua galega aos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) por medio do programa ‘FalaRedes’.
Fonte: Xunta de Galicia
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria volve, unha fin de semana máis, a achegarlle a lingua galega aos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) por medio do programa ‘FalaRedes’.
Fonte: Xunta de Galicia
Grazas aos seus apaixonados defensores, o galés atópase en plena forma e a situación doutras linguas minoritarias do Reino Unido está tamén mellorando.
Fonte: Independent
O Secretario de Transporte do Reino Unido, Patrick McLoughlin, iniciou unha campaña para evitar que os intérpretes axuden ás persoas que non falan inglés a conseguir un carné de condución británico ao dicirlles as respostas ás preguntas tanto na teórica coma na práctica.
Fonte: Daily Mail
Fomentar o uso do éuscaro no traballo e facilitarlles aos profesionais de sectores como a hostalería, o comercio ou o ensino buscar xente que coñeza este idioma para cubrir ofertas laborais son o obxectivo da iniciativa Beharsarea.net.
Fonte: ABC
As editoras galegas non institucionais publicaron en 2012 un total 2190 títulos, 800 menos do que no período anterior. A edición en galego é a que sufriu especialmente a mingua, xa que se pasou de editar 1855 títulos en 2011 a só 1340 no pasado ano, un 26,37 % menos.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Generalitat promove unha compensación na avaliación dos alumnos de primaria que colaboren e participen na aprendizaxe do catalán dos seus compañeiros nas aulas.
Fonte: La Razón
Todas as obras do Programa de Artes Escénicas para Público Familiar confeccionado polo Concello de Barakaldo (Biscaia) para este ano serán representadas en éuscaro. O obxectivo é promover o uso da lingua vasca entre a cidadanía do municipio.
Fonte: 20 Minutos
Como resultado do traballo de máis dun ano coas comunidades nativas que habitan nas marxes dos ríos Santiago e Morona, o Ministerio de Educación de Ecuador oficializou o alfabeto da lingua wampis, que permitirá elaborar diversos materiais e textos educativos para atender os nenos e adolescentes das vilas indíxenas que estudan nas escolas interculturais bilingües.
Fonte: Generación
Coa morte da muller, só dúas persoas en Sudáfrica seguen falando o san, unha lingua do deserto de Kalahari que os estudosos consideran a máis antiga das decenas de linguas indíxenas deste país austral con once linguas oficiais.
Fonte: La Vanguardia
Unha nova plataforma social chega a internet baixo o nome de Vituin, que presume de ser “a rede social de Galicia” e destaca por estar dispoñible en inglés, español, portugués e galego.
Fonte: Código Cero
Subscríbase ao boletín