A exposición multimedia sobre Valentín Paz-Andrade que promove a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria chegou á Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago de Compostela.
Fonte: Xunta de Galicia
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A exposición multimedia sobre Valentín Paz-Andrade que promove a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria chegou á Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago de Compostela.
Fonte: Xunta de Galicia
A formación política Compromisu por Asturies alertou sobre o “ataque brutal” que está sufrindo a lingua asturiana desde o Principado coa escusa da crise económica. Compromisu sinala que se rebaixaron en máis do 60 por cento as axudas que todos os anos se destinan á promoción lingüística.
Fonte: Europa Press
Un 41 % das empresas vascas utiliza o éuscaro e o castelán nas súas relacións internas. O 53,8 % di que utiliza só o castelán fronte ao 1,6 % que usa exclusivamente o éuscaro, segundo se desprende do estudo sobre competencias lingüísticas nas pemes vascas, promovido pola Asociación de Industrias da Lingua do País Vasco (LANGUNE).
Fonte: El Correo
Ourense contará cunha nova asociación cultural xuvenil, As Canellas, que se presentará o vindeiro 30 de setembro. O obxectivo desta iniciativa é o de conservar e promover a lingua e a cultura galegas.
Fonte: La Región
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu en Dodro ao espectáculo ‘O Señor das dunas’ do programa FalaRedes, organizado pola Consellería de Cultura e Educación para as localidades pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística.
Fonte: Xunta de Galicia
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na entrega do XVII Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela.
Fonte: Xunta de Galicia
O Instituto Ramon Llull e a Escola de Economía de Londres acordaron que a institución británica ensine catalán no seu centro de linguas este curso 2012-2013, grazas á sinatura dun convenio.
Fonte: Europa Press
Expertos en linguas e comunidades indíxenas alegráronse coa publicación dun informe do Goberno australiano que recomenda programas educativos bilingües para as comunidades indíxenas, xa que isto beneficiaría a todos os australianos e axudaría a sacar algunhas linguas indíxenas das listas de linguas en perigo de extinción.
Fonte: The Conversation
Prolingua, a plataforma a prol da defensa e da promoción da lingua galega, celebrou unha asemblea para renovar a súa Cerna ou órgano permanente de dirección, definir o seu funcionamento e accións prioritarias para os dous vindeiros anos, ademais de aprobar un chamamento ás distintas organizacións políticas con motivo das eleccións do 21 de outubro en relación coa lingua e cultura galegas.
Fonte: Praza Pública
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria continúa a dinamizar o galego nos concellos e entidades adheridas á Rede de Dinamización Lingüística (RDL).
Fonte: Xunta de Galicia
Subscríbase ao boletín