Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    10 de xaneiro de 2013

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou na ofrenda floral a Afonso Daniel R. Castelao.

    Fonte: Xunta de Galicia

    10 de xaneiro de 2013

    A Deputación de Pontevedra convoca bolsas de prácticas remuneradas para menores de 31 anos, entre as que están catro dirixidas a graduados-as/licenciados-as en Filoloxía Galega.

    Fonte: CTNL

    10 de xaneiro de 2013

    Galicia celebra o centenario do nacemento de Francisco Fernández del Riego, unha das figuras de referencia para o desenvolvemento da cultura galega no século XX.

    Fonte: Xunta de Galicia

    10 de xaneiro de 2013

    O concello de Bilbao pretende, coa entrada do novo ano, achegar os mellores espectáculos en éuscaro a nenos e nenas así coma a persoas adolescentes, da man da novena edición do programa “Ikusi eta Ikasi”.

    Fonte: Deia

    10 de xaneiro de 2013

    O Goberno de Taiwán debe facilitar o acceso á aprendizaxe da lingua vietnamita debido aos crecentes lazos con Vietnam e a que cada vez a poboación vietnamita é maior en Taiwán.

    Fonte: Focus Taiwan

    09 de xaneiro de 2013

    O Valedor do Pobo admitiu a trámite a queixa presentada polo BNG de Santiago ante a negativa do Goberno local do PP de usar a lingua galega na promoción da cidade a través das redes sociais Facebook e Twitter.

    Fonte: La Región

    09 de xaneiro de 2013

    O Consello da Cultura Galega presenta no Parlamento de Galicia a primeira versión en galego da “Constitución Política da Monarquía Española promulgada en Cádiz o 19 de marzo de 1812” e do “Discurso preliminar” lido nas Cortes de Cádiz ao presentar o proxecto.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    09 de xaneiro de 2013

    Nun momento no que dominar varias linguas pode ser un valor diferencial á hora de introducirse no mercado laboral, os membros da comunidade universitaria e o público en xeral poden acceder a un amplo catálogo de cursos de idiomas en diferentes niveis adaptados ás necesidades dos interesados.

    Fonte: Universidade de Vigo

    09 de xaneiro de 2013

    Política Lingüística publica a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios para as probas de Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4, destinados a persoas adultas e a colectivos.

    Fonte: CTNL

    09 de xaneiro de 2013

    Os croatas usan o alfabeto latino, mentres que a maioría dos serbios usa o cirílico, porén, ambos comparten a mesma lingua. Por este motivo, o Goberno croata decidiu introducir sinais escritas en alfabeto latino e cirílico para respectar os dereitos lingüísticos dos serbios da vila de Vukovar.

    Fuente: BBC

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder