O grupo Compromís denunciou que grande parte dos carteis de Valencia incumpre a ordenanza do valenciano aprobada pola cidade ao figurar só en castelán as informacións.
Fonte: Levante-emv
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O grupo Compromís denunciou que grande parte dos carteis de Valencia incumpre a ordenanza do valenciano aprobada pola cidade ao figurar só en castelán as informacións.
Fonte: Levante-emv
Máis de 160 entidades do sector privado recibirán axudas, por un importe conxunto de 2,28 millóns de euros, dentro da última convocatoria do programa Lanhitz, dirixido a fomentar o uso e a presenza do éuscaro nos centros de traballo.
Fonte: Deia
No sector lácteo galego, Larsa é unha das empresas que identifica a súa marca co uso da lingua galega, algo que se comproba na rotulación dos envases, así como na cartelería das fábricas. Ademais, foi a primeira empresa que incorporou os dereitos lingüísticos dos traballadores e traballadoras e consumidores e consumidoras no articulado do convenio colectivo nos primeiros anos da década dos noventa.
Fonte: Praza Pública
Para beneficiar a máis de 800 persoas con discapacidade auditiva en Galicia o Servizo Galego de Saúde (Sergas) e a Consellería de Sanidade inician un programa piloto que busca mellorar a comunicación entre profesionais sanitarios e pacientes a través de tablets que incorporan un programa de videointerpretación en lingua de signos.
Fonte: Código Cero
O alto tribunal catalán insta a Generalitat a adoptar medidas preventivas para garantir que nove alumnos de infantil, primaria e secundaria teñan tamén o castelán como lingua vehicular.
Fonte: El Diario
Ao igual que outros anos, tamén en 2013 os avós e avoas de Llodio terán dous cursos de éuscaro especiais que van estar repartidos en dous niveis. Trátase dunhas clases moi demandadas sobre todo por aqueles que comparten moitas horas cos seus netos, e necesitan saber o básico para comunicarse con eles.
Fonte: Noticias de Álava
Wikipedia, unha das páxinas de internet máis grandes do mundo, está perdendo moitos dos seus editores en lingua inglesa, o que reduce a súa fortaleza como unha fonte de coñecemento en liña, afirma unha investigación.
Fonte: El Universal
Os docentes peruanos do nivel inicial, primaria e secundaria de Educación Intercultural Bilingüe serán avaliados no dominio de lingua quechua (oral e escrito).
Fonte: Diario Correo
O Concello de Basauri fixou entre as súas prioridades a posta en marcha dun novo plan que promova o uso do éuscaro na localidade. Para levar a cabo a revisión do efectuado ata agora e marcar as liñas que se van seguir para a súa promoción durante os próximos anos, PNV e Bildu aprobaron a constitución dun novo consello asesor do éuscaro.
Fonte: El Correo
O Consello Universitario polo Asturiano (CUPA) anunciou que a Universidade Oberta de Cataluña permitiu a realización dun traballo fin de máster en asturiano. Un feito que non chamaría a atención de non ser porque na propia universidade asturiana xorden todo tipo de problemas cando se quere presentar calquera traballo nesta lingua.
Fonte: Asturnews
Subscríbase ao boletín