O Plenario do Consello da Cultura Galega aprobou un orzamento de 2,5 millóns de euros para 2013, o que supón unha diminución do 5,5 por cento con relación ao ano anterior.
Fonte: Culturagalega.org
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Plenario do Consello da Cultura Galega aprobou un orzamento de 2,5 millóns de euros para 2013, o que supón unha diminución do 5,5 por cento con relación ao ano anterior.
Fonte: Culturagalega.org
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria mostrou o seu apoio á longametraxe documental 100 % Celso Emilio Ferreiro. A proxección, que tivo lugar no Auditorio de Celanova, contou coa presenza do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.
Fonte: Xunta de Galicia
Microsoft-Acerbaixán está realizando traballos de tradución no paquete de linguas do sistema operativo Windows 8 á lingua acerbaixana.
Fonte: News.az
A Consellería de Educación, Cultura e Deporte do Goberno do Principado de Asturias vai pedirlle ao Ministerio de Fomento que repense a súa postura respecto ao uso da toponimia oficial. Nunha comunicación anterior, o ministerio xustificou que non fixesen uso da toponimia oficial asturiana porque “o asturiano non é lingua oficial”.
Fonte: Asturnews
A lingua anglosaxoa consolidouse en 2012 coma o idioma máis demandado polas compañías do noso país, a moita distancia doutras linguas coma o francés, o alemán ou o chinés.
Fonte: ABC
Unha teleserie en lingua maia que trata os problemas de marxinación que enfrontan os indíxenas en plena globalización estrearase en México en xaneiro.
Fonte: Primera Edición
O Consello de Membros da Rede de Dinamización Lingüistica (RDL) celebrou hoxe, na Cidade da Cultura, a súa reunión anual na que se aprobou a programación anual de actividades para o ano 2013.
Fonte: Xunta de Galicia
A elección de linguas aumenta grazas a que a Universidade Nacional Australiana, un importante centro para o ensino das linguas, comeza a ofrecer novos cursos en liña.
Fonte: The Australian
O centro, tamén chamado Cilt Cymru, traballa con 32 escolas para promover que os adolescentes estuden unha lingua estranxeira. Un dos seus proxectos é en colaboración coa rede de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas Stemnet, e consiste en que os estudantes escollan opcións profesionais que combinen materias de ciencias cunha lingua.
Fonte: BBC
O Plan de Formación da Escola de Seguridade Pública de Andalucía de 2013, dirixido a policías locais, bombeiros e membros de servizos de emerxencias e Protección Civil, inclúe cursos de introdución á lingua de signos española para que poidan atender adecuadamente a persoas xordas ou con discapacidade auditiva cando foron vítimas de violencia de xénero ou de agresións ou se sufriron lesións nun sinistro.
Fonte: ABC
Subscríbase ao boletín