O Tribunal Superior de Xustiza acaba de ordenar á Consellería de Educación que implante unha liña en valenciano nun colexio concertado de Picassent onde rexeitou creala en 2009.
Fonte: Levante-emv
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Tribunal Superior de Xustiza acaba de ordenar á Consellería de Educación que implante unha liña en valenciano nun colexio concertado de Picassent onde rexeitou creala en 2009.
Fonte: Levante-emv
O Departamento de Educación de Filipinas e a Embaixada de Francia no país renovaron o seu acordo para continuar ensinando francés como material optativa nas escolas secundarias do país.
O curso está dirixido a traballadores de hostalaría que desexen usar o éuscaro, a quen busca emprego en hostalaría e saiba pouco ou nada do idioma ou a empregadores que saiban éuscaro e queiran fomentar o seu uso cos empregados.
Fonte: Diario Vasco
O 70,7% da poboación dos territorios de lingua catalá declara que sabe falar catalán, o 91,3% enténdeo e o 50,3% afirma, por primeira vez, que o sabe escribir. Porén, o nivel de coñecemento e uso desta lingua nos diferentes territorios é moi heteroxéneo.
Fonte: Xarxa CRUSCAT
Recuperar a tradición oral galega. Este é o meirande obxectivo do programa Cantámosche os reis, unha nova iniciativa que a Secretaría Xeral de Política Lingüística porá en marcha até o próximo 4 de xaneiro.
Fonte: El Correo Gallego
A Real Academia Galega (RAG) necesita ao redor dun millón de euros para manter o seu funcionamento actual. É o cálculo que realiza o seu presidente, Xosé Luís Méndez Ferrín, tendo en conta tanto as súas actividades e proxectos, como as súas instalacións, a súa páxina web e o persoal funcionario que traballa xunto cos académicos no día a día.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria –por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística– pon en marcha Cantámosche os Reis, a segunda das iniciativas de “Nadal en Rede”, o programa que a Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia aprobou, a proposta da súa Área Técnica, no marco da programación de actividades de difusión do galego para o ano 2012.
Fonte: Xunta de Galicia
O colectivo Iniciativa pol Asturianu queixouse polo que considera unha nova “marxinación” cara a lingua asturiana, en relación ao discurso do Rei, que non tivo versión asturiana.
Fonte: Público
A empresa Microsoft lanzou o tradutor hub-maya, unha plataforma que traducirá desa lingua ao español e viceversa, e servirá para iniciar proxectos de educación que se poderán introducir nas escolas básicas.
Fonte: NSS Oaxaca
A lingua húngara adquiriu o estatus de rexional no distrito Vinogradovski da rexión de Transcarpatia, na Ucraína. A partir de agora, todas as placas de sinalización e sistema informacional do distrito serán duplicadas en húngaro.
Fonte: Rádio Voz da Russia
Subscríbase ao boletín