Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    19 de decembro de 2012

    O servizo de éuscaro da universidade pública vasca creou unha ferramenta, chamada EHUskaratuak, na que se poden consultar as traducións que realizou este servizo de éuscaro.

    Fonte: Deia

    19 de decembro de 2012

    A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco) celebra o primeiro Día Mundial da Lingua Árabe na súa sede de París, unha ocasión para amosar os valores da lingua árabe a todo o mundo.

    Fonte: Spanish China

    18 de decembro de 2012

    A letra miúda é unha nova revista dixital que tratará de achegar información e datos imprescindibles en materia sociolingüística para os docentes.

    Fonte: Galicia Confidencial

    18 de decembro de 2012

    O Concello de Santiago de Compostela e a Cámara de Comercio entregaron os galardóns da décimo terceira edición do Premio Manuel Beiras.

    Fonte: Concello de Santiago de Compostela

    18 de decembro de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou unha nova acción da campaña “Xaque nas aulas”.

    Fonte: Xunta de Galicia

    18 de decembro de 2012

    As editoriais galegas publicaron en 2011 un total de 2156 títulos, venderon preto de dous millóns de exemplares e facturaron 27,17 millóns de euros.

    Fonte: Xunta de Galicia

    18 de decembro de 2012

    O presidente de Bulgaria díxolles aos xornalistas búlgaros que fixo a proposta porque a lingua búlgara expresa moi claramente “o si, o non e o quizais”, mentres que os políticos en Bruxelas perden moito tempo debatendo cal é o significado exacto de “quizais” en inglés.

    Fonte: Novinite

    18 de decembro de 2012

    Centos de estudantes de varias universidades públicas e privadas de Balí manifestáronse para protestar contra o plan do goberno central de eliminar a lingua balinesa do currículo.

    Fonte: Jakarta Post

    18 de decembro de 2012

    A Generalitat de Cataluña anuncia que regulará, a través dunha disposición, o uso da lingua catalá nas garderías co fin de conseguir que os rapaces entre 0 e 3 anos cheguen á etapa curricular co «catalán como lingua de aprendizaxe e comunicación».

    Fonte: ABC

    18 de decembro de 2012

    O Concello de San Sebastián repartirá este ano 225 550 euros entre 1204 veciños da cidade maiores de 16 anos que están aprendendo éuscaro nos euskaltegis homologados.

    Fonte: El Mundo

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder