Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    17 de decembro de 2012

    Os comercios participantes deberán incluír algún lema específico para motivar a súa clientela a que merque os seus produtos, e implica que poñerán a súa publicidade, os rótulos e os prezos, así como os carteis de descontos, ofertas especiais ou bos desexos para as festas, tanto dentro coma fóra do local, en lingua galega.

    Fonte: SNL Redondela

    17 de decembro de 2012

    "Proxéctate en galego" é unha iniciativa que xorde das Comisións de Normalización Lingüística do Campus e Lugo e que, segundo os seus promotores, “pretende mostrar o galego como unha oportunidade, unha lingua viva e dinámica”.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    17 de decembro de 2012

    Ao se iren aproximando as datas do Nadal e do comezo dun novo ano, desde o ámbito da normalización lingüística son múltiples as accións emprendidas na procura da presenza do galego nestes días. Cartas de Reis, propostas de agasallos, Apalpador, recursos, concursos de escaparates etc.

    Fonte: CTNL

    17 de decembro de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria -por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística- puxo en marcha ‘Lingua de Reis’, a primeira das accións recollidas no programa ‘Nadal en Rede’, que a Rede de Dinamización Lingüística (RDL) aprobou, a proposta da súa Área Técnica, no marco da programación de actividades de difusión do galego para o ano 2012.

    Fonte: Xunta de Galicia

    17 de decembro de 2012

    O presidente Nursultan Nazarbayev propúxolle ao Goberno a tarefa de comezar a preparar a transición da lingua cazaque ao alfabeto latino antes de 2025. Actualmente, o alfabeto utilizado por esta lingua é o cirílico.

    Fonte: Tengri News

    17 de decembro de 2012

    Os datos publicados amosan unha caída do 2 % no número de persoas que falan galés, baixando ao 19 % da poboación de Gales. Porén, o antigo presidente do Consello da Lingua Galesa, Elis-Thomas, desestimou os resultados sobre a lingua e calificounos de "porcentaxes aproximadas".

    Fonte: BBC

    17 de decembro de 2012

    Regalar en éuscaro é a mellor opción para que os rapaces falen a lingua durante o seu tempo libre, comezando polas vacacións escolares. Así o entenden as institucións de Enkarterri, que un ano máis redobran os seus esforzos para normalizar o éuscaro a pé de rúa.

    Fonte: Deia

    17 de decembro de 2012

    A páxina web da Constitución Española en lingua de signos, destinada ás persoas xordas, recibiu na súa primeira semana de existencia máis de 1200 visitas.

    Fonte: Diario Vasco

    14 de decembro de 2012

    A lingua portuguesa recupera pouco a pouco a forza en Timor Leste debido, principalmente, a un plan de introdución en educación primaria e secundaria. A partir de 2013, tamén acadará a formación universitaria na ex-colonia portuguesa.

    Fonte: Terra

    14 de decembro de 2012

    Os novos doutores que traballan nos hospitais irlandeses terán que demostrar o seu nivel de inglés debido aos novos e estritos requirimentos lingüísticos esixidos no país.

    Fonte: Herald

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder