Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    14 de decembro de 2012

    A Dirección de Planificación Lingüística da Universidade Pública de Navarra convocou o I Concurso de Vídeos Curtos 'Euskera aukera’ co obxectivo de promover o uso normalizado desta lingua no centro universitario.

    Fonte: Europa Press

    14 de decembro de 2012

    O Centro de Normalización Lingüística de Barcelona lanzou a campaña de Nadal ‘I tu jugues en català?’ (E ti, xogas en catalán?), unha iniciativa para fomentar o uso do catalán no sector do xoguete, xa que este idioma está presente só no 6 % das embalaxes.

    Fonte: Qué!

    13 de decembro de 2012

    Máis de 30 000 alumnos repartidos por 200 centros de toda Galicia se sumaron á iniciativa organizada pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística.

    Fonte: La Voz de Galicia

    13 de decembro de 2012

    O decreto do plurilingüismo xa ten a súa sétima sentenza, e esta vez rexéitase totalmente o recurso presentado por Galicia Bilingüe.

    Fonte: La Voz de Galicia

    13 de decembro de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, participou na presentación oficial do Dicionario moderno inglés-galego.

    Fonte: Xunta de Galicia

    13 de decembro de 2012

    O Concello de Getxo aprobou distribuír 40 000 euros en forma de subvencións para fomentar o éuscaro en actividades extraescolares de centros de ensino e asociacións de pais e nais.

    Fonte: Deia

    13 de decembro de 2012

    O Instituto Navarro do Éuscaro, organismo autónomo dependente do Goberno foral, traducirá ao éuscaro parte dos contidos emitidos nesta lingua pola canle autonómica Navarra Televisión.

    Fonte: Diario Vasco

    13 de decembro de 2012

    Os alumnos que estuden ciencias en educación secundaria en Mumbai poderán facer os seus exames de matemáticas, física, química e bioloxía en maratí, hindi e urdú, ademais de en inglés.

    Fonte: Hindustan Times

    13 de decembro de 2012

    O próximo reto para a lingua galesa será asegurarse de que os mozos a falen fóra da clase, segundo o primeiro ministro de Gales, Carwyn Jones.

    Fonte: BBC

    12 de decembro de 2012

    O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Valentín García, participou na apertura do Simposio ILG-2012 - Un galego común, fiel a si mesmo. Trinta anos de estandarización: 1982-2012.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder