Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    07 de decembro de 2012

    En 2012 cúmprense trinta anos da publicación das Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego (NOMIG) elaboradas por unha comisión mixta do Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela e a Real Academia Galega.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    07 de decembro de 2012

    O selo de produtos e servizos en liña O-Visio ofrece cursos, en lingua galega, cuxa finalidade é ampliar os coñecementos dos usuarios acerca das redes sociais e dos fundamentos básicos da imaxe dixital.

    Fonte: CEG

    07 de decembro de 2012

    A lingua é a principal barreira para os rapaces non europeos que asisten ao colexio en Malta, segundo o informe que expón a ausencia de políticas que axuden aos pequenos a integrarse.

    Fonte: The Times of Malta

    07 de decembro de 2012

    Esta versión foi unha petición da comunidade xorda cristiá, pois a pesar de poder ler, as persoas con discapacidade auditiva posúen un pensamento ideográfico, apoiado por grafías e imaxes.

    Fonte: Protestante Digital

    07 de decembro de 2012

    As administracións sufragarán a escolarización en centros privados cando os alumnos non atopen unha oferta docente pública ou concertada na lingua vehicular de ensino que escollan os pais ou titores.

    Fonte: RTVE

    05 de decembro de 2012

    Sara, para as nenas, e Hugo, para os nenos, foron os nomes máis postos aos nados en Galicia en 2011. Para os nomes en galego hai, en ambos os casos, que ir ao número 13 dos máis habituais: Antía para nenas e Iago para nenos.

    Fonte: Sermos Galiza

    05 de decembro de 2012

    A campaña “Gústame o galego” púxose en marcha no Culturgal 2012 en Pontevedra para, entre outras cousas, visibilizar o apoio de persoas a nivel individual ao proceso de normalización da lingua galega en todos os ámbitos ou favorecer que persoas de todo tipo se posicionen a prol do fomento do galego.

    Fonte: CTNL

    05 de decembro de 2012

    O proxecto Knowledge Graph de Google está agora dispoñible en máis linguas, incluídas o italiano, o francés, o xaponés e o ruso. O proxecto Knowledge Graph, un dos proxectos de investigación máis importantes de Google neste momento, só estaba dispoñible en inglés ata agora.

    Fonte: Techcrunch

    05 de decembro de 2012

    O Instituto Cervantes aproveitará o VI Congreso Internacional da Lingua Española, que se celebrará en Panamá en novembro de 2013, para ultimar a creación dunha rede iberoamericana de centros de formación de profesores de español como lingua estranxeira.

    Fonte: La Información

    05 de decembro de 2012

    Surfeatu ezazu euskararen olatua (Pilla a onda do éuscaro) é o lema escollido polo Instituto Etxepare para a súa nova campaña de difusión da lingua vasca. Coincidindo coa celebración do Día Internacional do Éuscaro, o organismo presentou un vídeo, realizado en colaboración co Surf Film Festival de San Sebastián, co que se pretende potenciar a divulgación desta lingua.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder