Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    12 de decembro de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentoulles aos medios de comunicación o xoguete educativo en galego A Cidade de Cenorio, realizado pola recentemente creada empresa galega Galileo Nenos.

    Fonte: Xunta de Galicia

    12 de decembro de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada nos seus secretarios xerais de Cultura e de Política Lingüística, participou no acto de entrega de premios do certame “Cores con Palabras”.

    Fonte: Xunta de Galicia

    12 de decembro de 2012

    A petición que recoñece oficialmente a lingua de signos estadounidense como unha “lingua da comunidade” e unha “lingua de educación nos colexios” recolleu máis de 27 000 sinaturas en menos dun mes. As solicitudes necesitan un mínimo de 25 000 sinaturas antes de que a Casa Branca emita unha resposta oficial.

    Fonte: US News

    12 de decembro de 2012

    A través de campañas de lectura búscase rescatar os catro dialectos da Zona Huasteca e preservar a lingua de orixe nesta zona do estado de Veracruz.

    Fonte: Conexión Total

    12 de decembro de 2012

    O Goberno e os reitores das universidades catalás póñense de acordo para evitar que os estudantes accedan á carreira sen competencias na lingua propia.

    Fonte: El Punt Avui

    11 de decembro de 2012

    Comezaron con Casamos! a opción de poder visionar as emisións da cadea na TDT con subtítulos en galego. Agora, despois dunha fase de probas, a Televisión de Galicia incrementa a oferta de programas subtitulados nas súas dúas canles a través da TDT.

    Fonte: Culturagalega.org

    11 de decembro de 2012

    O Foro Enrique Peinador lanza unha campaña que trata de impulsar as marcas que se etiquetan en galego. Chámase "Consumogustos" e xa conta con moitos rostros coñecidos dispostos a espallar a idea.

    Fonte: Faro de Vigo

    11 de decembro de 2012

    A Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca cursos de linguaxe xurídica galega en liña.

    Fonte: CEG

    11 de decembro de 2012

    O Congreso Mundial de Tártaros (DTK) adoptou unha resolución para preservar a lingua, cultura, relixión e tradicións tártaras, que será enviada ao presidente de Rusia.

    Fonte: Radio Free Europe. Radio Liberty

    11 de decembro de 2012

    O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña ratificou o catalán como lingua “vehicular do ensino, administrativa e de comunicación utilizada normalmente” nas actividades dos centros escolares.

    Fonte: El Periódico

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder