Os oito intérpretes de lingua de signos e os catro mediadores que traballan na Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Castela-A Mancha están pendentes da renovación do convenio que permite a súa actividade.
Fonte: Tecnosord
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Os oito intérpretes de lingua de signos e os catro mediadores que traballan na Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Castela-A Mancha están pendentes da renovación do convenio que permite a súa actividade.
Fonte: Tecnosord
Investigadores do Centro Sensorial Escocés (Scottish Sensory Centre) da Universidade de Edimburgo (Escocia) desenvolveron un total de 116 novos signos para designar termos científicos en lingua de signos británica.
Fonte: El Economista
O Concello de Moaña está a organizar unha convocatoria con veciños do municipio, sobre todo canteiros, que coñezan esta lingua co fin de rexistrala para que non se perda, xa que cada vez conta con menos falantes.
Fonte: Faro de Vigo
«Poñer en valor a lingua galega, facendo ver a súa potencialidade e contrarrestando os prexuízos que a infravaloran» e «mostrar a vantaxe de falar galego para poder comunicarse co mundo da lusofonía: de Portugal ao Brasil» son os dous obxectivos prioritarios dun obradoiro no que participan máis de trescentos alumnos pontevedreses de ESO e bacharelato.
Fonte: La Voz de Galicia
Google Maps, a web e aplicación de referencia en xeolocalización, abre unha nova etapa para verificar a corrección dos seus datos xeográficos e, entre eles, o da toponimia.
Fonte: Prolingua
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria conclúe coas sesións dos Axóuxeres previstas na edición 2012 do programa, dirixido á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia e coordinado desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Fonte: Xunta de Galicia
Viaxar a Chipre para aprender inglés pode proporcionarlle ao sector turístico un estímulo moi necesitado neste período de crise económica no país.
Fonte: Cyprus Mail
Trátase de establecer as normas para dar os primeiros pasos na alimentación masiva da Wikipedia por parte do alumnado da ESO e de Bacharelato; iso si, sempre baixo a supervisión do profesorado.
Fonte: Deia
O acordo, asinado en 2008 por sete países da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa, e que pretende simplificar as regras ortográficas para aumentar o prestixio social do portugués no contexto internacional, entraría en vixencia o 1 de xaneiro de 2013 no Brasil. Porén, a presidenta Dilma Rousseff declarou que vai emitir un decreto adiando a data.
Fonte: D24am
O conselleiro de Cultura en funcións, a conselleira de Xustiza en funcións, o presidente da Oficina de Apoio ás Iniciativas Culturais e o presidente do Consello do Colexio de Avogados de Cataluña asinaron un acordo para fomentar o uso, a difusión e o coñecemento do catalán entre os avogados.
Subscríbase ao boletín