O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en funcións, Xesús Vázquez Abad, inaugurou o encontro Culturgal 2012, A casa da cultura galega é a túa casa. Ti tes a chave.
Fonte: Xunta de Galicia
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en funcións, Xesús Vázquez Abad, inaugurou o encontro Culturgal 2012, A casa da cultura galega é a túa casa. Ti tes a chave.
Fonte: Xunta de Galicia
A Mesa da comisión de Educación, Universidade, Cultura e Deporte das Cortes autonómicas cualificou 173 emendas ao proxecto de Lei de uso, protección e promoción das linguas e modalidades lingüísticas propias de Aragón.
Fonte: El Periódico de Aragón
A nova lei que obriga os inmigrantes a realizar exames de ruso para poder traballar en Rusia xa entrou en vigor, informou o Servizo Federal de Migración.
Fonte: Diario Vasco
O idioma portugués recupera pouco a pouco o seu esplendor en Timor Leste grazas a un plan de introdución na educación primaria e secundaria e que, a partir de 2013, acadará tamén a formación universitaria nesta ex-colonia lusa en Asia.
Fonte: EFE
A primeira tradución da Constitución Española ás linguas de signos española e catalá nace este ano para conmemorar o Día da Constitución.
Fonte: Diario Vasco
No marco do proceso electoral que vivirá o estado mexicano de Veracruz, é necesario que as comunidades indíxenas conten coa información necesaria para poder reflexionar e tomar unha mellor decisión, polo que a Academia Veracruzana das Linguas Indíxenas propuxo a tradución do Código electoral ás diversas linguas indíxenas.
Fonte: Veracruzanos
Youtube engadiu seis linguas para a súa sección de subtítulos. Anteriormente, estes só se podían activar en inglés, español, xaponés e coreano. Porén, os novos idiomas engadidos son o alemán, o italiano, o francés, o portugués, o ruso e o holandés.
Fonte: ABC
Un total de 39 centros educativos de Baleares e 70 profesores adherirase ao plan piloto de educación plurilingües impulsado polo Goberno das illas, un “primeiro paso” para normalizar o coñecemento tanto das linguas castelán e catalán como da inglesa nas escolas e institutos.
Fonte: Qué!
Os idiomas seguen sendo unha das principais materias pendentes dos españois, algo que queda patente en que só o 2,7 % das persoas de entre 18 e 65 anos fala alemán e o 35,5 % sabe inglés, porcentaxes que, ademais, non reflicten o grao de coñecemento da lingua.
Fonte: El Correo
Un libro de autoaxuda repleto de consellos prácticos para galegofalantes e para as persoas que queren aprender a lingua galega. Así pode definirse Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, escrito por Carlos Callón.
Fonte: Galicia Confidencial
Subscríbase ao boletín